Skip to Content

Magosto en Biblioneme

Na biblioteca do Monte Neme tamén celebramos o Magosto con moita actividade!

 

Alumnado e profesorado da ESO, bacharelato e ciclos formativos, desfrutamos dunha xornada de xogos de mesa moi variados.

 

Xogamos ó parchís, houbo varias partidas de xadrez, resolvéronse varios crimes na cidade do MicroMacro, investigamos co Nobel Run, competimos un pouco respondendo preguntas co Smart10, adiviñamos as imaxes escondidas tras palabras co Dixit e tamén puidemos ler unha selección de libros de misterio e medo. E sobre todo, pasámolo moi ben con xogos, libros e compañeiros diversos.

 

Recordade que os xogos están dispoñibles na biblioteca para poder xogar calquera día. Esperámosvos!



nova | by Dr. Radut