Skip to Content

CURSO 2022/23

CHARLA INFORMATIVA "RISCO CERO" PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO.

O venres 12 de maio, organizadas polo Departamento de Orientación e o Colexio de Médicos da Coruña, tiveron lugar sendas charlas do proxecto "Risco Cero" para o alumnado de 3º de ESO. As charlas, impartidas por persoal médico e de enfermería cualificado, versaron sobre Educación Sexual. 

EXPOSICIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS:17 DE MAIO DE 2023; HOMENAXE A FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

Neste mes de maio de 2023 estivo exposta, no Espazo Expositivo do noso Instituto, unha exposición sobre o Día das Letras Galegas 2023 elaborada pola SXPL en homenaxe a Francisco Fernández del Riego. A exposición estivo acompañada de debuxos e lemas que elaborou o alumnado para festexar as Letras Galegas, ademais de tres deseños fermosos, incluído un magnífico retrato do insigne galeguista homenaxeado, elaborados grazas á colaboración do Departamento de Educación Plástica.

 

Aquí tedes un video elaborado pola nosa compañeira Ana Isabel Martíne Fernández, coordinadora do EDLG:

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE TECNOLOXÍA DE 2º DE ESO: ESTRUTURAS.

O alumnado de 2º de ESO protagonizou, cos seus traballos de estruturas, unha exposición no vestíbulo do noso instituto, organizada polo Departamento de Tecnoloxía.

SENDEIRISMO DE 1º DE BACHARELATO.

O xoves 18 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato realizou unha saída, organizada polos Departamentos de Educación Física e de Tecnoloxía do IES Monte das Moas, para realizar un roteiro de sendeirismo por unha etapa do Roteiro dos faros (Praia do Trece/Cabo Vilán). O roteiro serviu tamén para poder desenvolver, polo alumnado de TIC de 1º de Bacharelato, unha parte do proxecto escolar do IES Monte das Moas respecto ao Camiño dos Faros.

 

SENDEIRISMO DE 2º DE ESO.

venres 12 de maio o alumnado de 2º de ESO realizou unha saída, organizada polo Departamento de Educación Física do IES Monte das Moas, para realizar a ruta de sendeirismo, na zona de Betanzos-Chelo. 

SENDEIRISMO DE 4º DE ESO.

O xoves 4 de maio o alumnado de 4º de ESO realizou unha saída, organizada polo Departamento de Educación Física do IES Monte das Moas, para realizar a ruta de sendeirismo, na zona de Monfero, Pila da Leña- Mirador da Carboeira.

 

SENDEIRISMO DE 3º DE ESO.

O mércores 19 de abril o alumnado de 3º de ESO realizou unha saídaorganizada polo Departamento de Educación Física do IES Monte das Moas, para realizar a ruta de sendeirismo, na zona de Monfero, Pila da Leña- Mirador da Carboeira. 

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE FRANCÉS SOBRE O AGASALLO DE MUGUET O DÍA 1 DE MAIO.

Co gallo do 1° de maio en Francia agasállase cunha pequena póla de "muguet" aos familiares ou amigos, xa que segundo a tradición trae sorte; ao tempo que se celebra o día do traballo. O alumnado de Francés de 2º e 4º de ESO realizou unhas tarxetas inspiradas nesta celebración para felicitar o 1º de maio.

O muguet é unha planta cunha historia moi antiga. En Francia é unha tradición regalar esta flor para desexar boa sorte ás persoas queridas. O muguet é unha flor branca, pequena, con forma de campá que cheira estupendamente. Coñécese tamén como lirio do val. Esta flor crece en zonas húmidas dos bosques. En Francia é tradición regalar ramalletes de muguet na festa do 1 de maio. Faise para desexar boa sorte ás persoas que apreciamos. Ese día as rúas asoláganse de postos de muguet.

O muguet é unha planta cunha historia moi antiga. Segundo a mitoloxía grega, foi creada por Apolo para tapizar o chan e protexer os pés das nove musas. Os celtas crían que esta planta traía a felicidade e os cristiáns pensaban que as bágoas que verquiu a virxe ao pé da cruz farían florecer muguet.

Por que se regala muguet o 1 de maio en Francia?

A  tradición francesa de regalar estas flores procede da Idade Media. Conta a lenda que en 1560 Carlos IX e a súa nai Catalina de Medicis estaban de viaxe en Le Dauphiné. Alí, o cabaleiro Louis de Girard de Maisonforte ofreceulle a Carlos un ramo de muguet do seu xardín. O novo rei compracido tomou por costume regalar ás novas damas da corte un ramallete de muguet o primeiro de maio. O costume estendeuse rapidamente converténdose nunha tradición

Na Belle Epoque todos os modistos franceses ofrecían muguet aos clientes e ás costureiras o primeiro de maio. O muguet foi sempre o emblema da casa Christian Dior.

No ano 1941, instáurase en Francia a Festa do traballo e a concordia social no primeiro día de maio. A rosa vermella que fora, ata entón, o símbolo da xornada internacional dos traballadores desde 1891, (e que tiña unha connotación política demasiado de esquerdas) foi substituída polo muguet.

CONCURSO DE MICRORRELATOS DA BIBLIOTECA.

A finais de abril e principios de maio de 2023 o Equipo da Biblioteca promoveu a realización dun concurso de microrrelatos para o alumnado do Instituto.

Os gañadores do concurso nas distintas categorías foron os seguintes:

Aquí tedes unha selección de imaxes dos relatos do concurso:

Aquí tedes un video do Equipo da Biblioteca elaborado por Ana Isabel Martínez Fernández:

 

EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO 25 DE ABRIL: A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS.

Para conmemorar a data da Revolución dos Caraveis que puxo fin á Ditadura militar de Portugal e conseguiu a implantación da Democracia no país irmán e veciño (25 de abril de 1974), o alumnado de Lingua Portuguesa do noso centro deseñou uns cartaces alusivos á data que se expuseron no Espazo Expositivo do noso instituto. Tamén o alumnado de Educación Plástica de 4º ESO, grazas á colaboración do Departamento de Educación Plástica e Visual decorou as letras da famosa canción Grândola Vila Morena, símbolo da revolución (a canción que deu inicio ao proceso revolucionario), do marabilloso Zeca Afonso...

Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena
Terra da fraternidade
Grândola, Vila Morena
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade
Grândola, Vila Morena
Terra da fraternidade
Terra da fraternidade
Grândola, Vila Morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade

 

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade

 

 Aquí tedes un video elaborado pola nosa compañeira Ana Isabel Martínez Fernández con motivo da exposición.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut