Skip to Content

CURSO 2024/2025

VISITA AO XULGADO: "EDUCAR EN XUSTIZA"

O mércores 13 de novembro fomos de visita á antiga Audiencia Provincial para visitarmos como é un xuízo.

Asistimos a varios xuízos diferentes. Grazas ao programa Educar en Xustiza sabemos algo máis do seu funcionamento.

  

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

 O alumnado de 3º de ESO C e D realizou unha visita ao Museo de Belas Artes da Coruña o martes 12 de novembro. 

 

 

VISITA AO XULGADO: "EDUCAR EN XUSTIZA"

O xoves fomos de visita á antiga Audiencia Provincial para visitarmos como é un xuízo.

Recibiunos a Maxistrada do xulgado de Instrución nº 6 da Coruña María Jesús García García. Foi unha visita moi produtiva na que a Maxistrada se encargou de nos explicar todo o que ten que ver cun xuízo e de que tipos de xuízos se encarga ela. Asistimos a varios xuízos diferentes. Grazas ao programa Educar en Xustiza sabemos algo máis do seu funcionamento. Repetiremos!

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O alumnado de 3º de ESO A e B realizou unha visita ao Museo de Belas Artes da Coruña o martes 5 de novembro. 

 

 

CONCURSO DE ROBÓTICA

Alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO, 1º e 2º de bacharelato participou o 25 de outubro nos Rosales no XV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica(A Maxia da Robótica e dos drons).

 

 SAMAÍN CIENTÍFICO EN MOAS

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO e de Física e Química de 2º de ESO investigou sobre diferentes aspectos típicos do Samaín.
Elaboraron fichas sobre os nomes científicos das especies do Samaín e algunhas curiosidades, paneis sobre a ciencia e as pantasmas, e realizaron maquetas de cabazas, morcegos, arañas e pantasmas con material reciclado.


Nestas datas contamos tamén cunha exposición cedida polo CEIDA sobre os morcegos de Galicia.

 

VISITA AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE SOGAMA

 Os días 11, 17 e 25 de outubro, os diferentes grupos de 1º ESO do instituto visitamos o Complexo Medioambiental de Sogama no concello de Cerceda.

Pasamos unha mañá moi entretida e aprendimos un montón sobre o tratamento dos residuos urbanos.

 

VISITA AO CONCELLO DA CORUÑA

O 21 de outubro estivemos no concello con estudantes de 4º ESO(C e D).

A encargada de protocolo, Loli, amosounos as instalacións e explicounos a que se destina cada salón, quen se reúne nel e para que, as obras de arte que hai no edificio...

A visita resultou moi interesante.

   

VISITAS Á BIBLIOTECA DO CASTRILLÓN

O alumnado de Oratoria visitou a biblioteca do barrio o 8 de outubro para preparar a Liga de Debate da Fundación Barrié. Moitas grazas, Alicia e Isabel. Vimos cheas de ideas, libros, cariños e futuro. Que gustazo compartir tempo con vós!!!

 

O 11 de outubro fomos de visita á biblioteca do barrio, a do Castrillón. Recibíronnos Alicia e María e amosáronnos un lote de libros moi moi recomendables para o noso club de lectura. Este curso o Club de Lectura será de literatura e deporte. Cando miramos o reloxo xa case eran as 14.10, pasou o tempo rapidísimo. Viñemos cheas de cariño, recomendacións e ideas. Volveremos!!!

 

ENTREGA DE DIPLOMAS CAMÕES JÚNIOR

 O día 21 de setembro fixemos entrega dos diplomas que certifican a proficiencia de B1 en Portugués Lingua Estranxeira aos alumnos e alumnas que o mes de xuño pasado realizaron na nosa escola os exames do Camões Júnior.

 As 12 persoas dos niveis de 3º e 4º da ESO que se presentaron ás probas organizadas polo Instituto Camões atinxiron o nivel de B1 que certifica a súa competencia en todas as destrezas da lingua examinadas e é por iso polo que queremos parabenizalas polos bos resultados!!


Parabéns polo excelente traballo logo de tres e catro anos de estudo do portugués na nosa escola!!

 

 



page | by Dr. Radut