Skip to Content

RECITAL POÉTICO DE SARA SANZ FONTA, ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO A.

RECITAL POÉTICO DE SARA SANZ FONTA, ALUMNA DE 2º DE BACHARELATO A.

 

 

O martes 3 de maio de 2022 tivo lugar no Salón de actos do IES Monte das Moas un recital poético levado a cabo pola alumna de 2º de Bacharelato A, Sara Sanz Fonta. Os encargados de organizar este recital foron o equipo da Biblioteca, o EDLG, e o Departamento de Lingua e Literatura Galega, coordinados pola profesora Ana Isabel Martínez Fernández. 

Sara Sanz é unha nova poeta que forma parte da antoloxía de poetas novos que editou a Aira das Letras baixo o título de "21 poetas do século XXI".

Ao recital asistiu o alumnado de 1º de Bacharelato B e C, e de 2º de Bacharelato A.

Previamente ao recital o alumnado da materia optativa de 2º de Bacharelato, "Literatura Galega do século XX" presentou e entrevistou para o público a Sara, quen despois pasou a recitar algúns dos seus poemas. No acto tamén se visionou un videopoema da autoría de Sara, realizado como tarefa para a materia de Lingua e Literatura Galega.

 



page | by Dr. Radut