You are hereBlogues
Blogues
VOTACIÓN CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Na seguinte presentación podes ver as fotos presentadas ao Concurso de Fotografía Matemática e a continuación facer a túa votación, premendo no enlace ou capturando o código QR co teu dispositivo.
Fotos do Concurso de Fotografía Matemática
Para elixir o premio popular no Concurso de Fotografía Matemática toda a comunidade educativa do IES Montecelo pode votar co código QR ou premendo na seguinte imaxe.
Cursos AFD para persoas desempregadas
O inicio dos cursos de Impresión Dixital e Servizos estéticos está aprazado ata o 20 de marzo. Prazas libres en todos os cursos.
Se estás interesado nesta formación e cumpres os requisitos contacta coa túa oficina de emprego ou co IES Montecelo.
CONCURSO ADXUDICACIÓN CAFETERÍA
Publicado na web de Contratos de Galicia da Xunta de Galicia a licitación da cafetería do IES Montecelo.
O prazo de presentación de propostas remata o día 01-03-2023 ás 14:00h
Documentación no arquivo adxunto
Mobilidades Erasmus Convocatoria 2022
Inicio do procedemento de selección de candidatos para as mobilidades Erasmus da convocatoria 2022. Nos documentos adxuntos e enlaces podedes atopar toda a información.
Criterios de selección de estudantes
Modelo de solicitude para estudantes
Listaxe provisional seleccionados CM (Data publicación: 13/01/2023)
Listaxe provisional seleccionados CS(Data publicación: 13/01/2023)
O IES Montecelo no Congreso FPB en Red 2022
Os profesores do centro, Juan Porto e José Fuentes, presentaron hoxe no congreso FPB en Red 2022 en Madrid, o proxecto de innovación que fixemos hai uns anos, Aquamobil Adapt. Compartiron as experiencias do noso centro co alumnado de FPB e aprenderon das experiencias dos outros centros participantes. Compartir e aprender nos fan medrar e mellorar para o noso alumnado.
OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO
Obradoiro sobre xeración de ideas emprendedoras
No marco do programa “Aulas de emprendemento” , os días 3, 4 e 5 de outubro, os alumnos e alumnas de segundo curso dos ciclos formativos do centro, puxeron en marcha a súa iniciativa e creatividade no “Obradoiro de xeración de ideas emprendedoras: desenvolve unha idea de negocio innovadora” impartido pola altofalante Raquel Pedrouso.
Concurso de portas do Samaín
Hoxe no IES Montecelo celebramos o concurso de portas do Samaín.
Os alumnos sorpréndennos ano tras ano, pola súa creatividade, pola coidada realización dos decorados das portas, pero, sobre todo, pola súa implicación, o espírito de grupo e a colaboración de todos con todos.
Os resultados espectaculares, coma sempre e aínda que o mellor desta actividade non se poida ver nas fotos, xulgade vós mesmos os resultados.
HORARIOS PRESENTACIÓNS CURSO 22_23
Os horarios para as presentacións do curso 2022/2023 o día 8 de setembro son os seguintes:
Ciclos medios: 10:00
Ciclos superiores: 11:30
Formación profesional básica: 12:00
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »