Programa de intercambio Burela-Poussan
Intercambio 2012 Burela-Poussan
Enviado por Anónimo o Lun, 30/01/2012 - 07:52Intercambio Burela-Poussan do 29 de xaneiro ó 3 de febreiro de 2012 no que participan 25 alumnos e 3 profesores.
Chegada a Burela o domingo 29 de xaneiro
Luns 30:Recpeción no instituto e no Concello de Burela. Visita a fábrica de cerámica de Sargadelos e a Mondoñedo.
Recepción no Concello de Burela
Dous alumnos franceses e unha profesora foron entrevistados en Radio Burela durante a súa estancia en Burela. (Escoitar arquivo adxunto)
Intercambio 2011 Burela Poussan
Enviado por Anónimo o Ven, 22/04/2011 - 15:56Intercambio 2011 Burela Poussan
Enviado por Anónimo o Dom, 20/02/2011 - 14:40Os alumnos/as de Poussan xa están entre nos. Hoxe ás 4 da tarde chegaron a Burela despois dunha longa viaxe en autocar. Convivirán cos alumnos/as do Monte Castelo ata o venres | |
1º DÍA. Recepción no instituto. Visita a Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Visita à praia das catedrais e pola tarde, talleres de reciclaxe de papel, de elaboración de marcapáxinas e de vocabulario francés-castelán |
|
Intercambio Burela-Poussan 2010
Enviado por Anónimo o Lun, 06/09/2010 - 06:36vila de Poussan (sur de Francia) e conviviron cos seus
"correspondants/correspondantes" e as súas familias
Actuación no Espectáculo COMMENIUS celebrado en Poussan durante o intercambio
Enviado por Anónimo o Mar, 14/04/2009 - 17:33Sorry, flash is not available.
Xº aniversario do Intercambio 2000/2009
Enviado por Anónimo o Lun, 09/02/2009 - 08:54
|
Dez anos de intercambio. Dez anos de compartir vivencias e ilusións.
Case 400 alumnos/as de ambos centros
Dez anos tamén de traballo para os profesores/as dos dous centros que
En definitiva dez anos de contacto, dez anos de comunicación e de |
INTERCAMBIO BURELA-POUSSAN 2007-08
Enviado por Anónimo o Xov, 27/03/2008 - 08:14
|
Os nosos alumnos de francés de 3º e 4º da ESO conviviron durante uns días cos seus "correspondants" franceses e coas suas familias o que supuxo para eles a necesidade de empregar con asiduidade a lingua francesa. Ademáis, visitaron e coñeceron a rexión onde se encontra a vila de Poussan e participaron en numerosas actividades deportivas e pedagóxicas; deste xeito descubriron as vilas medievais de Carcassonne e Aïgues Mortes mediante un xogo de pistas; fixeron actividades no acuario de Montpellier e asistiron á explicación dun profesor francés sobre as orixes desta importante vila do sur de Francia. Tamén visitaron as vilas medievais de St. Guilhem le Désert e Pézénas; asistiron a un pequeno curso de xeoloxía nas grotas de Clamouse, |
Tamén participaron en actividades deportivas na praia de Balaruc facendo equipos cos alumnos franceses e finalmente tiveron un taller de lingua francesa para facer balance da experiencia e encontrar os aspectos positivos e as cousas que deben mellorar neste tipo de intercambios. Polo tanto, a estancia en Poussan supuxo unha boa experiencia porque ademáis de poñer en práctica e mellorar os seus coñecementos de lingua francesa, viviron unha realidade cultural diferente e sobre todo fixeron un montón de amigos. Agora podedes ver o video do intercambio |
Os intercambios Burela-Poussan
Enviado por Anónimo o Ven, 14/12/2007 - 09:51Dende hai varios anos o IES Monte Castelo de Burela e o Collège Via Domitia de Poussan (Francia) veñen realizando un intercambio de alumnos. Deste xeito os rapaces de Burela teñen a posibilidade de vivir a realidade dunha familia francesa durante algúns días. Evidentemente o obxectivo principal é o lingüístico: como estudantes de francés segunda lingua estranxeira disfrutan dun contexto de lingua auténtica do que poden aprender moitas máis cosas que nunha clase normal porque están afrontando unha situación real de comunicación.
Máis por otro lado cremos que se trata dunha vivencia moi enriquecedora porque van estar inmersos dentro dunha cultura distinta aínda que haxa moitos puntos en común.
En definitiva trátase de que os rapaces perdan o medo ó que é distinto, que o valoren e que se den conta de que as experiencias novas os enriquecen como persoas.