Educación Física
II Encontro do Deporte Base na Mariña
Enviado por Anónimo o Xov, 08/03/2012 - 06:24O IES acollerá o sábado 17 de marzo o II Encontro do Deporte Base na Mariña coa presenza do seleccionador nacional sub-21 de fútbol sala, Federico Vidal Montaldo.
Este encontro estará organizado pola Fundación Indecum en colaboración co Burela Fútbol Sala e o departamento de Educación Física do IES Monte Castelo.
Charla do seleccionador español masculino
Enviado por Anónimo o Ven, 10/06/2011 - 06:56José Venancio, seleccionador español masculino, ofreceu unha charla no IES Monte Castelo durante a celebración da Copa de España de fútbol sala femenino que se celebrou do 3 ó 5 de xuño en Burela. O seleccionador compartiu a súa experiencia profesional e explicou a metodoloxía de entrenamento nas etapas de formación.
Xornadas formativas Educación e Deporte 2011
Enviado por Anónimo o Ven, 13/05/2011 - 07:01Xornadas formativas Educación e Deporte en colaboración co Burela Fútbol Sala:
A presentación será o xoves 5 de maio no IES Monte Castelo e prolongarase ata o 1 de xuño cun total de 5 charlas.
Ver noticia na páxina do Burela FS
Xoves 5 de Maio: "A relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais" a cargo de Pablo Yáñez, delegado de A Mariña- El Progreso.
Xoves 12 de Maio: "As relacións laborais no fútbol sala" Relatores: Jesús Martínez, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social; Alberto Arufe, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social; e Iván Vizcaíno, profesor de Dereito Sindical (Universidade da Coruña)
III Xornadas formativas Burela FS [1] from IES Monte Castelo (Burela) on Vimeo.
III Xornadas formativas Burela FS [2] from IES Monte Castelo (Burela) on Vimeo.
Mércores 1 de xuño: "Futsal en Libia, experiencias"
Relator:Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia
Xoves 9 de xuño: "A vendaxe funcional:aplicación básica na escordadura de nocello"
Relator:Fiz Fernández Fernández, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB