<=
Indice
=>
ENCRUCILLADO
Complete este encrucillado de termos técnicos da teoría de Marx. Para saber o enunciado de cada pregunta debe pinchar sobre o seu número. Se ten dificultades con algunha palabra, pode pinchar en "Pista" para obter letras soltas.
Comprobar
Horizontais:
1. Estructura ideolóxica, xurídica e política que asenta sobre a base económica. 4. Facerse outro. Proceso polo cal un individuo non se realiza, senón que se nega. 7. Ben destinado a ser intercambiado no mercado. 10. Valor acumulado. Título da obra máis importante de Karl Marx. 11. Acrónimo da Asociación Internacional de Traballadores.
Verticais:
2. Extracción de valor. Aplícase por exemplo a unha mina, un banco de peixe, un ser humano, unha clase social, etc. 3. Suma das forzas productivas e as relacións de producción. Sobre ela asenta a superestructura. 5. Sistema económico no que desaparece a propiedade privada dos medios de producción e as clases sociais. 6. Conxunto de ideas propias dun determinado modo de producción. Falsa conciencia. 8. Valor engadido. Diferenza entre o valor producido polo traballo e o valor pagado polo salario. 9. Conxunto de institucións xurídicas e políticas que serve como instrumendo de dominación dunha clase sobre outra. 10. Tipo de valor que posúe unha mercadoría en tanto pode ser intercambiada por outra cousa.
<=
Indice
=>