CS Prevención de Riscos Profesionais - Instruccións acceso plataforma de teleformación de FP a distancia

09/09/2024 13:28
Atlantic/Bermuda

O acceso aos cursos na Plataforma de teleformación de FP a distancia realizarase a través de https://fpadistancia.edu.xunta.gal. Para elo, o alumnado deberá dispor dunha conta de correo corporativa de edu.xunta.gal (ou edu.xunta.es) coa cal autenticarse.

No caso de que o/a alumno/a non dispoña dunha conta de correo de edu.xunta.gal, unha vez que se realiza a matrícula en Xade, un proceso automático enviará un correo electrónico coas instrucións para a activación da súa conta de correo.

O alumnado deberá completar o proceso de activación da súa conta de correo electrónico seguindo as instrucións recibidas por correo electrónico.

Nun prazo de 48 horas desde o momento en que o alumnado complete o proceso deactivación da súa conta de correo electrónico, poderá acceder aos cursos correspondentes aos módulos nos que está matriculado.

A presentación do ciclo será, de xeito presencial, o xoves 12 de setembro as 16:00 h, na aula de usos múltiples do centro. Así mesmo, para os que non lles sexa posible asistir presencialmente, haberá unha presentación online a través da plataforama de teleformación.