ENTREGA PREMIO I VOLTA DA LIGA DE CONVIVENCIA CURSO 21-22

No recreo da ESO, tivo lugar a cerimonia da proclamación dos gañadores da I volta da Liga de Convivencia 21/22.
Os vencedores foron os alumnos e alumnas de 3°ESO A, que gozarán duns minutos de recreo extra e dunha merenda 
O diploma foi entregado polo Dinamizador da Convivencia, o profesor Jose Ángel García, que estivo acompañado na entrega polo titor de 3°ESO A, Mario Cuevas, e a Directora, Carmen Castelao.