Técnico superior en Química e saúde ambiental.

Nova titulación de Técnico Superior en Química e Saúde Ambiental.

Este ciclo só se pode realizar no IES Monte Castelo dentro da provincia de Lugo.

Familia: Seguridade e medio ambiente
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 2000

 

Código: SSEA04

Documentación (enlace)

Información (enlace

 

Que se aprende a facer?
Vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e no desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria, baixo a supervisión, de ser o caso, do/da superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia, e en condicións de calidade e seguridade.

 

En que ámbitos se traballa?
No ámbito sanitario dentro da área da saúde pública ou privada, en sectores produtivos potencialmente contaminadores e na administración estatal, autonómica e local en servizos relacionados coa saúde e/ou o ambiente. Poden formar parte de equipos de inspección sanitaria, de laboratorios de análises, centros de investigación, centros universitarios, explotacións agrarias e empresas de servizos de control ambiental.

 

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en xestión ambiental, coordinador/a de sistemas de xestión ambiental, programador/a de actividades ambientais, documentalista ambiental, técnico/a de control sanitario (alimentos, augas, atmosfera, residuos...), técnico/a de control de contaminación atmosférica, técnico/a de control de contaminación acústica, técnico/a de control de organismos nocivos, técnico/a en control de pragas no medio urbano e na contorna natural asociada, e comercial de información de produtos biocidas e fitosanitarios.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura. Así mesmo, é posible acceder a calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario tivese limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo.