Intercambio Burela-Praga 2016
Intercambio Burela-Praga 2016
Anualmente o alumnado de 1º de Bacharelato participa nun intercambio co centro Gymnazium Pripotocni da República Checa. Este ano viaxan a Praga 8 alumnos/as acompañados do profesor de filosofía Marcelino Luna dende o 6 ata o 13 abril de 2016.
O programa está no arquivo adxunto ao final deste documento.
Vídeos da visita á Fábrica de vidro Moser na República Checa.
Intercambio Praga-Burela: o día 26 de Maio recibimos no IES Monte Castelo aos 11 alumnos/as e a profesora Jitka Saskova do centro Gymnázium Prípotocní de Praga, que visitan o noso centro entre o 25 de Maio e o 1 de Xuño. Dentro deste programa de intercambio desenvólvense unha serie de actividades e visitas didácticas, así como a convivencia con alumnado e familias.
Do 30 de Maio ao 30 de Xuño, estarán no noso centro as alumnas Verónika Jostová e Anna Vacková do centro educativo de Praga,
participando nun programa de intercambio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Programa_Praga_2016.pdf | 102.81 KB |