VIAXE A SANTIAGO

A viaxe a Santiago foi o día 10 de maio. Organizamos entre a Biblioteca e Normalización e levamos as rapazas do Club de Lectura. Pola mañá fomos a Santo Domingo de Bonaval , onde vimos o Panteón de Galegos Ilustres e asistimos á actuación do grupo de Cámara SON DE NÓS. Puxéronlle voz a textos de X. Díaz Castro, Curros, Rosalía....no medio doutros autores doutras linguas.

Pola tarde levámolas ao teatro ver a obra ROBINSON, un espectáculo divertido co que rematamos o noso día en Santiago.