O Correlingua en Foz

A décimo cuarta edición do Correlingua na Mariña celébrase estehttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png venres 16, en Foz. A «carreira» en defensa do galego, cuns mil estudantes, arrancará ás 11.00 dende Llas e rematará no porto, nunha gala presentada por Isabel Risco, coa actuación da banda Colectivo Bomba e outras de alumnos do Perdouro e Marqués de Sargadelos. Len o manifesto os do Ceip 1.

Amigos da Gaita Galega de Ribadeo súmase tamén o día 16 á conmemoración das Letras Galegas co III Festival Infantil que terá lugar no Teatro ribadense a partir das 20.00 horashttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png e que contará coas actuacións de nenos e nenas dos grupos folclóricos Ledicia de Burela máis Amado Lar de O Valadouro e, por suposto, do anfitrión Amigos da Gaita Galega.

Por outro lado, o Ceip San Cosme en Barreiros celebrará tamén mañá, venres, as Letras Galegas lembrando a Xosé Mª Díaz Castro cunha videoconferencia na aula CeMIT ás 12.00 e co mindoniense Fran Bouso sobre Leiras Pulpeiro.

E en Viveiro, o Casinohttp://cdncache-a.akamaihd.net/items/it/img/arrow-10x10.png acollerá mañá ás 20.00 outra cita máis das Letras. Haberá música, charla da profesora Isabel Mª Barcón sobre Xosé Mª Díaz Castro e peche musical do acto co gaiteiro David Bellas.