Taller "Di K Non" e visita ó cárcere de Teixeiro
O martes 29 de abril alumnos e profesores do instituto visitaron as instalacións do cárcere de Teixeiro, onde puideron ver como viven os presos o seu día a día.
Taller "Di K Non"
Martes 22 de abril de 2014.- O alumnado do IES Monte Castelo participou nun taller educativo sobre o consumo de drogas en adolescentes, denominado "Di K Non" no auditorio do Concello de Burela. Está organizado pola Unidade Terapéutica Educativa do centro penitenciario de Teixeiro, A Coruña (UTE Teixeiro) en colaboración cos departamentos de Orientación e Filosofía.
O Taller pretende dar a coñecer mellor a dura realidade do mundo das drogas e as súas consecuencias, aprender a identificar situacións e feitos que arrastran a multitude de adolescentes a crear toda unha serie de condutas de risco como o fracaso escolar, problemas coa xustiza, problemas coa saúde, comportamento violento, etc...
A actividade está dirixida por personal da UTE de Teixeiro e conta coa colaboración de internos, que aportan as súas vivencias persoais. Esto permite abordar o problema das drogas dunha maneira diferente á habitual. O taller inclúe representacións teatrais, reflexións dos internos e un espazo par responder a todas as preguntas e dúbidas que os asistentes queiran plantexar.
Máis información sobre o taller na páxina: http://di-k-non.blogspot.com.es/p/el-taller.html
Adxunto | Tamaño |
---|---|
PROGRESO-UTE.pdf | 1.21 MB |