Movilidad Erasmus 2013
Outubro 2014-Nuria Rodríguez, alumna do Ciclo superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas que participou no proxecto de Movilidad Erasmus no que realizou parte das súas prácticas formativas en Italia, está actualmente traballando en Potenza (Italia) como xogadora dun equipo de fútbol e entrenadora de nenos dunha escola de fútbol.
Nuria foi entrevistada por unha radio de Ponferrada. Para escoitar a entrevista pincha no seguinte enlace: http://youtu.be/3pa9ZeJI2dg
30 de maio-Os alumnos participantes no proxecto regresaron a Burela despois de 2 meses de prácticas en Italia.
O IES María Sarmiento participará no proxecto Erasmus + seguindo a estela do noso centro. A colaboración entre os dous centros facilitou ó IES María Sarmiento o contacto co noso socio italiano para ter un centro de acollida en Italia para ó alumnado participante.
Unha alumna Erasmus (Úrsula) realizando prácticas no laboratorio da Universidade de Potenza.
Nuria (alumna Erasmus) cun equipo de fútbol de Potenza | |
Os nosos alumnos xa están en Potenza
12 de marzo de 2014- Os alumnos participantes no proxecto de Movilidad Erasmus fan unha foto de grupo con Massimiliano Matteri (axudante Comenius italiano) antes da súa viaxe a Italia o próximo 14 de marzo.
|
20 Febreiro de 2014- Manuela D'Andrea, como representante do centro de acollida italiano IREFORR, realizou unha visita ó IES Monte Castelo para preparar a mobilidade de estudantes que se realizará durante os meses de marzo e abril. Nesta visita Manuela reuniuse cos 9 alumnos(que foron previamente seleccionados) que viaxarán a Italia, así como cos seus titores e coa coordinadora do proxecto europeo para concretar os detalles previos á viaxe.
Os alumnos que foron seleccionados para participar no proxecto de Movilidad Erasmus 2013 son:
-Nerea Díaz Rey (CS Saúde ambiental) -Noemí Reigosa Fernández (CS Saúde ambiental)
-Mª Cristina Fernández Durán (CS Saúde ambiental) -Nuria Rodríguez Ruiz (CS Animación de Activ Físicas)
-Jorge Fernández Iglesias (CS Animación de Activ Físicas) -Iván Francisco Sánchez Campos (CS Animación de Activ Físicas)
-Justo Fernández Méndez (CS Animación de Activ Físicas) -Úrsula Vázquez Pajón (CS Saúde ambiental)
-Laura Moris Fernández (CS Animación de Activ Físicas)
O IES Monte Castelo solicitou un proxecto de Movilidad Erasmus para 9 alumnos de Ciclo superiores: de Animación de Actividades físicas e deportivas e de Saúde Ambiental. Este proxecto desenvolverase durante o curso 2013-14, eses 9 alumnos realizarán unha parte (2 meses) do módulo de FCT en un país estranxeiro que neste caso será Italia. O centro de acollida en Italia será IREFORR, situado en Potenza, na rexión de Basilicata.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IES MARIA SARMIENTO.pdf | 1.34 MB |
Erasmus Nuria.pdf | 625.77 KB |