OBRADOIRO DE LUSOFONÍA

O VALOR DO GALEGO

Este é o título do obradoiro que a profesora LOAIRA MARTÍNEZ fixo con alumnos de 3º e 4º da ESO.  A través dun brillante traballo cinematográfico falounos da normalización do uso do galego, sen perder de vista a súa negación na Galiza durante cinco séculos pola monarquía e o Estado Español, mentres se extendía polo mundo por obra dos portugueses. Non esqueceu a resistencia como lingua falada, permanecendo, apesar da proscrición, como idioma propio no pobo, na familia, nas relacións sociais, nos traballos, nos sentimentos, na toponimia...

Ficou ben claro que o galego é a lingua nacional da Galiza  e non se necesitan máis argumentos para reclamar a plenitude do seu uso . Temos, aliás, a grande fortuna de, a través do galego-portugués, o galego ser unha das princpais linguas intercontinentais, con todas as consecuencias culturais, económicas e sociais que iso implica.

O maior símbolo da Galiza, a súa lingua,  é a porta que  nos abre o acceso a toda a Lusofonía. Esta realidade, sistematicamente oculta á sociedade, tenta mostrar as verdadeiras dimensión e potencialidade da nosa lingua, falada nos cinco continentes por máis de 250 millóns de persoas. Brasil, Angola, Moçambique, Guinê Bissao, Cabo verde, Portugal...som ámbitos laborais que non se poden desprezar. Alén diso, as empresas galegas son cada vez máis conscientes da necesidade de internacionalizarena a súa actividade e de procuraren novos mercados para os seus produtos e e servizos.

O galego é un factor que suma, unha vantaxe competitiva que serve para situarnos de forma diferencial en mercados moi competitivos, en contraposición a uns mercados europeos paralizados ou, cando menos, ralentizados pola crise. Novos lugares para facer negocios emerxen na América Latina e en África. Economía , lingua e cultura únenese neste contexto para facilitaren a comunicación da nosa xuvntude desempregada e do empresariado galego en novos lugares nos cinco continentes.