Eventos
Dende o luns 14 ata o venres 18 de outubro, responsables da asociación IMPAC, de Amiens (Francia), visitarán Burela e a Mariña, invitados polo IES Monte Castelo de Burela e grazas a unha subvencion da Comisión Europea no marco do programa Erasmus Plus.
O presidente da asociación franco caboverdiana, que ten como obxectivo xestionar fondos europeos para o desenvolvemento da República de Cabo Verde a nivel de cooperacion ambiental e deportiva, Vladimir Mendes Borges, e un dos seus directivos Helder Belgado Borges, realizarán un programa de docencia e observación no IES MONTE CASTELO e outras institucións nas que hai presencia significativa de persoas de orixe caboverdiano.
Aberto o prazo ata o día 12 de novembro de 2024 para presentar propostas de contratación da cafetería do IES Monte Castelo.
Nos arquivos adxuntos podes atopar o prego de cláusulas administrativas, o prego de condicións técnicas e diversos Anexos para o procedemento.
Tamén podes atopar toda a información no seguinte enlace:
https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?OP=50&N=823840&lang=gl
A presentación de ofertas e solicitudes de participación levarase a cabo utilizando exclusivamente medios electrónicos, mediante o aplicativo establecido para o efecto no seguinte enderezo electrónico: