Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Marzo 28, 2020
Start: 28/03/2020 14:49

A entidade Acolle (agrupación de residencias de maiores) solicita que desde os centros educativos, se dea traslado ao alumnado de cursos académicos pasados ou, do curso actual que estea a cursar o segundo curso do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia ou do ciclo de Coidados auxiliares de enfermaría, para que dentro da súa voluntariedade, poida colaborar na asistencia a persoas maiores e con discapacidade que se encontran nun momento crítico na loita contra a pandemia ocasionada polo COVID-19.

Para máis información, pódese consultar o documento adxunto ou a web https://www.acolle.org/ 

Start: 28/03/2020 15:07

Sanea Control busca un técnico en Saúde Ambiental para aplicación de biocidas.

Teléfono de contacto 639606381.

Envío de C.V. a rrhh@institutotecnologico.es

Martes Marzo 31, 2020
Start: 31/03/2020 15:08

Dende a Consellería de Política Social urxe cubrir necesidades de persoal e piden ao noso centro educativo que difundamos esta petición entre as/os TCAEs que poidan estar interesados.

Xa que se trata dunha petición directa da Consellería, podédesvos poñer en contacto co centro educativo a traés do enderezo electrónico ies.monte.castelo@edu.xunta.gal para pasar os vosos datos aos responsables de realizar as xestións necesarias.

Sábado Abril 04, 2020
Start: 04/04/2020 00:03

Damos publicidade á notificación procedente da Subdirección Xeral de Formación Profesional que, en nome da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, foi dirixida no día de hoxe ao alumnado de 2º curso de réxime ordinario do Ciclo Medio en Coidados auxiliares de enfermaría:

"Estimado/a alumno/a:
A Administración Xeral do Estado mediante as Ordes 295/2020, de 26 de marzo (BOE do dia 28), e 299/2020, de 27 de marzo (BOE do dia 30) vén de habilitar a contratación do persoal que se atope cursando o ultimo curso dos estudos requiridos tanto para a prestación dos servizos nos distintos ámbitos do sector dos servizos sociais como do ámbito sanitario.
Para posibilitar dito procedemento, poñémonos en contacto contigo e coas persoas integrantes da túa promoción do segundo curso do ciclo de COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERIA para coñecer a dispoñibilidade dos que estean interesados, voluntariamente, en prestar servizos en centros xestionados pola Xunta de Galicia.
Por iso, as persoas dispostas poderanse inscribir na base de datos de “estudantes bolsa covid19” cumprimentando os datos nela exixidos, asi como as preferencias de localidades, no enlace https://www.xunta.gal/función-publica/bolsa-covid19
Posteriormente, e dependendo da dispoñibilidade e das necesidades da administración, porémonos en contacto coas persoas inscritas, para subscribir un contrato de traballo laboral en funcións de apoio relacionadas co funcionamento de ditos centros, coas retribucións propias do ámbito para o que fosen seleccionados.
A duración dese contrato está vinculado á situación actual de crise sanitaria, circunscrita ás necesidades do centro ou ao posto de traballo para o que fosen contratados.
En todo momento este persoal estaría supervisado por persoal técnico cualificado.
Agradézoche de antemán a túa colaboración, atención e dispoñibilidade.
Un cordial saúdo.
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional"

Lembramos que o alumnado que está a cursar o segundo curso do ciclo medio en COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERIA é aquel que está a cursar ou está en disposición de cursar o módulo de Formación en Centros de Traballo (que é o único do segundo curso do ciclo).

Distribuir contido