Skip to Content
 

Normalización lingüística

Van Gogh

 Repaso pola obra de Vicent Van Gogh acompañada da música de Don McLean "Vicent. Starry, starry, night" con subtítulos en galego.

Entrega premios "Canción solidaria no Camiño"

 O 12 de febreiro o director do IES Monelos Antón Orosa  fai entrega dos diplomas e os vales dos premios aos gañadores do concurso "Canción solidaria no Camiño".

Nina Varela Ota (2º ESO B) gañadora da 1ª modalidade do concurso

 

 Jia Hao Yang (4º ESO A) gañador da 2º modalidade deste concurso

 

Entrega premios dos carteis día da paz 2021

 O director do IES Monelos fai entrega dos diplomas e vales regalos ás alumnas gañadoras do concurso realizado en 3º de ESO coa colaboración do EDLG e o departamento de debuxo do centro.

Victoria Estrada (3º ESO B) gañadora do concurso. Tamén na modalidade do xurado popular.

 Claudia Veiga (3º ESO C) segundo premio.

 

 

 

Chegou a Candeloria a Monelos!

 

30 de xaneiro: día da paz e da non violencia

 Concurso de carteis realizados polo alumnado de 3º de ESO. Organizado polo EDLG  en colaboración co departamento de debuxo do IES Monelos.

.

Imaxinamos?
 
Unha proposta de 3º de ESO organizada polo EDLG coa colaboración dos departamentos de inglés e música.
 

O 24 falamos!

 

30 de xaneiro: Concurso de carteis: día da Paz e da Non Violencia

 

1. O concurso está organizado pola materia de Educación Plástica de 3º de ESO coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado nos valores da xustiza e da paz, implicándoos na resolución de conflitos de forma pacífica, partindo da súa realidade cotián e dos problemas de convivencia que existen no orde mundial. 

3. No concurso participará todo o alumnado de 3º de ESO. O traballo terá carácter obrigatorio dentro da área de Educación Plástica e Visual. 

4. A proba consistirá na elaboración dun cartel relacionado co tema do día da paz e da non violencia. 

5. Os carteis quedarán expostos nos corredores do instituto durante o mes de febreiro de 2021. 

6. O xurado estará formado por un representante dos departamentos de filosofía, lingua galega, educación plástica e visual; o representante do equipo de dinamización da lingua galega e vicedirección.

7. Tamén haberá un xurado popular formado por todo o alumnado do centro. 

8. A entrega dos carteis realizarase antes do venres 29 de xaneiro.

9. O mércores 3 de febrero o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos carteis gañadores. 

10. O xurado popular votará ao longo de toda a semana (do luns 1 de febreiro ao 5 de febreiro) polo cartel que considere mellor. 

 11. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Por outro lado o xurado popular (alumnado) concederá un único premio ao máis votado. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • Un agasallo por parte do xurado popular.

2 de febreiro: Celebración do día da Candeloria


A candeloria é unha palabra que ten a orixe no substantivo latino candela -ae, ‘luz alimentada con cera ou sebo’, termo co que se crea no latín tardío festa candelarum, ‘a festa das candeas’, que chega a nós acurtando a locución. Celébrase o día 2 de febreiro, época importante no ciclo astronómico, pois coincide coa metade do inverno, no intre xusto entre o solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera, (pola candeloria, medio inverno vai fóra), no momento en que medran os días e a natureza comeza a preparar o estourido de vida que está a chegar.

Sendo un intervalo relevante do ciclo estacional non é de estrañar que todas as culturas tivesen celebracións ao redor da data, sempre festexando a volta da luz e do desexo de fertilidade. Así, na mitoloxía celta, chamábanlle Imbolg, celebración na honra da deusa Brigit, protectora das colleitas, o gando e a fecundidade. A candeloria tamén podería estar relacionada coa festa romana das Lupercais, na que, alén de venerar o deus da fertilidade e a sexualidade masculina, Pan, facíase unha procesión onde os participantes zorregaban a xente cunhas tiras de coiro, co obxecto de “purificala”. O catolicismo procurou rematar coa festa –como fixo con moitas outras celebracións pagás–; para iso, o papa Xelasio transformouna na festividade relixiosa da “purificación” da Virxe María e mais a presentación de Xesús no templo; co paso do tempo, fíxose costume nas parroquias bendicir as candeas que se empregarían logo en caso de tronada ou nos velorios para alumear o defunto no camiño ao máis alá.

A voda dos paxariños

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán para lembrar que o mes de febreiro comeza, na cultura popular, cunha celebración ben especial, xa que casan os paxariños, ao que comeza o retorno das aves migratorias e os cortexos preludian o renacer primaveral. Da importancia que ten esta representación na imaxinaría tradicional europea dá conta a multitude de estampas nas que, desde tempos inmemoriais, o símbolo do amor e a unión sentimental son apaixonadas parellas de aves xuntando os peteiros. Tal é así que algunhas persoas defenden que, para nós, o 2 de febreiro debe ser a data do amor romántico, e non a que se celebra doce días máis tarde na honra dun crego romano do século III, chamado Valentín, representado cun rapazolo gordecho e voador que anda aseteando a xente… onde vai parar! Non hai comparación!

O martes 2 de febreiro o ENDLG do IES Monelos pretende celebrar este día.

 

Para iso pensamos en que podiades enviar unha mensaxe por escrito nunha carta de afecto a un d@s compañeir@s de clase ou do centro que teñades en estima, amistade...

Na semana do 24 ao 29 de xaneiro podedes entregar a carta (escrita en galego) a un membro do Equipo de Dinamización que se encargará de depositala na caixa do correo ao longo desta semana.

No sobre poñeredes o nome e apelidos do destinatario e o curso.

O martes 2 de febreiro entregaráselle a carta ao destinatario.

Concurso Camiño Solidario

 

CONCURSO CAMIÑO SOLIDARIO

O EDLG do IES Monelos organiza un concurso a través do programa Pasaporte solidario dirixido a todo o alumnado do centro que desexe participar.

Este concurso está relacionado coa celebración Xacobeo durante este ano. Aproveitando, por outro lado, que o día 31 de xaneiro celébrase o día da Solidariedade, preténdese reflectir este tipo de valor fundamental.

O Certame Cancións no Camiño estará centrado polo tanto no tema  A solidariedade no Camiño de Santiago.

 BASES


1.    Dirixido a todo o alumnado do centro, establecéndose dúas categorías:


   A. De 1º a 3º da ESO.

 

   B. De 4º de ESO a 2º BAC.


 2. As letras das cancións deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais.

 

3. Haberá un premio por valor de 50 € por cada categoría.

4. A data límite de entrega é o 29 de xaneiro.

5. Os traballos premiados daranse a coñecer o 2 de febreiro, día

da Candeloria.

Distribuir contido


by Dr. Radut