GAÑADORAS DO CONCURSO
O xurado do IES Monelos constituído polas profesoras Luísa Corredoira, Mª Elena García, Berta Otero, Mar Rodríguez e Pilar Tobar concedeu os seguintes premios do Concurso literario das letras galegas do IES Monelos 2023 aos seguintes concursantes:
1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO)
Poesía: Stefany Noemí Vasquez Yerbes (3º ESO A)
Narrativa breve: Inés Insua Puente (1º ESO B)
2ª Categoría (4º ESO e Bacharelato)
Poesía: Sara Lorenzo Naya (4º ESO A)
A entrega de premios realizarase o martes 16 de maio ás 12:10 na Aula "Xurxo Lobato".
Parabéns ás gañadoras!
BASES DO CONCURSO
Francisco Fernández del Riego (Letras Galegas 2023)
PRIMEIRA.- Poderá participar neste certame calquera alumna/o matriculada/o no IES Monelos durante o curso 2022-2023. Para este concurso estableceranse dúas categorías:
-1ª Categoría (1º, 2º e 3º ESO).
-2ª Categroría (4º ESO e Bacharelato).
SEGUNDA.- Cada participante de cada unha das categorías poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve.
- Modalidade de poesía: presentaranse dous poemas como mínimo, de tema e forma libres.
- Modalidade de narración breve: a extensión máxima será de cinco páxinas por unha soa cara e o tema libre.
TERCEIRA.- Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
CUARTA.- Deberán estar escritos con ordenador, en tamaño A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12; paxinados e sen asinar.
QUINTA.- Os traballos presentaranse por correo electrónico enviándoos á dirección endliesmonelos@gmail.com.
No asunto figurará o PSEUDÓNIMO do autor. No corpo do texto figurarán o PSEUDÓNIMO, TÍTULO DA OBRA e MODALIDADE. Enviaranse dous arquivos adxuntos en PDF. O primeiro deles coa ficha de inscrición do concursante sinalando o seu nome, apelidos, idade e curso; no segundo arquivo irá o traballo que levará o PSEUDÓNIMO e o TÍTULO da obra.
SEXTA.- Haberá un premio por modalidade, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados.
O importe dos premios será de:
Modalidade de poesía 1ª categoría: vale de 30 €.
Modalidade de narración breve 1ª categoría: vale de 30 €.
Modalidade de poesía 2ª categoría: vale de 30 €.
Modalidade de narración breve 2ª categoría: vale de 30 €.
SÉTIMA.- O prazo de entrega de traballos comeza o 11 de abril e remata o día 5 de maio de 2022.
OITAVA.- A composición e o fallo do xurado darase a coñecer 12 de maio de 2023.
NOVENA.- A organización do Certame publicará os traballos premiados na revista dixital do EDLG do IES Monelos Camiño do Corgo. Tamén poderán ser publicados algúns traballos non premiados se o xurado o considera oportuno.
DÉCIMA.- O xurado e a organización do certame están facultados para tomar as decisións que consideren oportunas ante a aparición dalgún imprevisto non recollido expresamente nas presentes bases. A participación neste certame implica o coñecemento e a aceptación íntegra destas bases.