Skip to Content
 

Normalización lingüística

Radio Monelos: entrevistamos a Sabela Maneiro (compoñente de Tanxugueiras)

As alumnas de 1º ESO B Carolina Barbeito de la Cruz e Paula Rial Cernadas mantiveron unha entrevista telefónica este martes 5 de Decembro con Sabela Maneiro unha das compoñentes do grupo Tanxugueiras.

 

Predición meteorolóxica na Coruña do 4 ao 11 de Decembro

 

Radio Monelos: entrevista a Inés Insua Puente (2º ESO) unha das gañadoras do II Concurso de Relatos de Terror

Lara Beade Hermida e Noa Vázquez Fuentes (alumnas de 2º ESO) entrevistan a súa compañeira Inés Insua Puente como unha das gañadoras dos II concurso de relatos de terror organizado pola Biblioteca e o EDLG. O relato titúlase "A pantasma do lago".


FELICITACIÓN DE NADAL DO EDLG DO IES MONELOS

 A toda a Comunidade Educativa do Centro.

Música: cantiga popular titulada "Aninovo de 1860" recollida no "Cancioneiro de Ayes" de Marcial Valladares. 

 

Radio Monelos: programa musical sobre High Paw

 Programa elaborado pol@s alumn@s Camila Pazo Uzcategui (4º ESO) e Lucas Eiroa Osoro (1º Bacharelato)


 
Algúns videoclips de High Paw: "Exame", "Fóra de río", "Ra velenosa" e "The Temple"
 

Radio Monelos Novas (Información do 22 ao 28 de Novembro)

Redactada polo alumno de 1º Bacharelato D Alejandro Lorenzo Naya. Na locución Enrique Alonso Fúster (1º Bac D) e o propio redactor.

Sumario:

Internacional: Visita do presidente do goberno Pedro Sánchez a Israel.

España: Manifestación do 25-N contra a violencia de xénero.

Galicia: As veleutinas.

Local: Empate do Depor ante o Osasuna B. 


 

Historias da Coruña: o Castelo de San Diego

 Programa realizado polas alumnas de 1º ESO B Laura Virosta Peón e Salma Zapata Karzazi

Radio Monelos: programa sobre "Luar na Lubre"

Programa elaborado polas alumnas Carolina Barbeito de la Cruz (1º ESO B) e Sofía Regueiro Seoane (4º ESO C)

 

Algúns vídeos: "Romeiro ao lonxe" publicado con motivo do último LP "XX Encrucillada", "Dum Pater Familias" que forma parte do LP "Vieiras e vieiros, historia de peregrinos", "Os Tafenos da Gaurra" do LP "Ribeira Sacra" e "Torre de Breoghan"  (Trailer). 

Gañadoras da II edición do concurso Relatos de Terror IES Monelos

As alumnas Inés Insua Puente (1º ESO B) co relato "A pantasma do lago"  e Marta Souto Naveira (3º ESO A) co relato "A miña historia" foron as gañadoras do segundo concurso de relatos de terror do IES Monelos que organiza a Biblioteca e o EDLG do centro. Parabéns ás gañadoras e moitísimas grazas aos participantes.

Radio Monelos: programa sobre o matemático e cartógrafo Domingo Fontán

Continuamos este mes de novembro con contidos relacionados co mundo da ciencia e o galego. Neste programa de Radio Monelos as alumnas de 2º ESO B Lara Beade Hermida e Inés Insua Puente fálanos da vida do matemático Domingo Fontán e  do seu proxecto máis importante: A Carta Xeográfica de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut