Premios do alumnado do IES Monelos
|
|
- ¡14 alumnos! de 4º ESO foron becados para facer 1º BACH en USA. Estamos moi orgullosos de vós.
|
|
|
- A alumna de 3º ESO Paula Marina García Pardávila, obtivo un accesit na categoría de Relato Curto no VII Concurso Literario "Rita Suárez Amado"que organiza o IES Eusebio da Guarda . Noraboa!!
|
- O día 14 de febreiro alumnos de 4º ESO, 1º e 2º Bach participaron na 3ª edición da Olimpiada de Xeoloxía que tivo lugar no campus universitario de Vigo. Acadamos moi bos resultados: 1º e 2º accesit de 4º ESO e 1º premio ao mellor grupo de prácticas.
|
- As alumnas de 4º ESO do IES Monelos:Águeda Castro Quintas, Carmen Méndez Sánchez, Laura Pardeiro Mariño, Paula Pérez Torres e Carmen Picado Molares, coordinados polo profesor Gonzalo Temperán gañan na categoría de 2º ciclo ESO do I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, convocado pola sociedade SGAPEIO.
Parabéns aos gañadores.
|
- Alba Ares de 2º Bacharelato que foi gañadora da Olimpiada de Xeoloxía na fase galega, ten concedida pola Universidade de A Coruña unha axuda económica para matricularse na UDC
|
- Alumnos de 3º e 4º ESO gañaron o 1º premio Obxectivo 2016 no día da ciencia na rúa, promovido pola Fundación Barrie na escola.
|