Skip to Content
 

INICIO DE CURSO 2024-2025

INSTRUCIÓNS DE COMEZO DE CURSO


O mércores 11 de setembro ás 8:30 dará comenzo o curso escolar 24-25 para a ESO e ás 9:20 para Bacharelato.


ESO

De 8:30 a 10:10 os grupos terán a súa presentación cos respectivos titores nas súas aulas de referencia, e a continuación darán comezo as clases de xeito normal. Polo tanto é conveniente que este primeiro día os nenos e nenas traian libreta e bolígrafo e os beneficiarios de fondo libros traian ademáis unha mochila para levar os libros que teñan adxudicados.

A entrega de libros do Fondo Solidario de libros de texto farase de forma escalonada a partir das 10:30 comezando por 1º de ESO.


BACHARELATO

De 9:20 a 10:10 os grupos terán a súa presentación cos respectivos titores nas súas aulas de referencia, e a continuación darán comezo as clases de xeito normal. Polo tanto é conveniente que este primeiro día os alumnos e alumnas traian libreta e bolígrafo.



O martes 10 de setembro as nais e pais recibirán unha notificación por Abalar onde se lles informará do grupo do seu fillo ou filla. O alumnado que non reciba esta información, o mércores 11 de setembro ás 8:30 horas debe dirixirse á secretaría do centro para saber o grupo que ten asignado.


PROCEDEMENTO DE ENTRADA

O titor ou titora procederá a chamar ao alumnado do seu grupo, por orde de lista, que irá entrando ao edificio. Unha vez rematado o chamamento, o/a titor/a conducirá ao grupo á súa aula de referencia e lles asignará un pupitre. A continuación, realizará a presentación do curso.



page | by Dr. Radut