MATRÍCULA CURSO 2024-2025
Os días asignados a cada curso para entregar o impreso de matrícula e a documentación solicitada serán os seguintes:
- 1º/2º Bacharelato: 26, 27 e 28 de xuño
- 3º/4º de ESO: 1 e 2 de xullo.
- 1º/2º de ESO: 3 e 4 de xullo
- O día 5 de xullo poderanse matricular aqueles alumnos/as que non poidan formalizar a matrícula nas datas indicadas. Ordenaranse por data de entrega despois dos que o fixeron na súa quenda (non terán preferencia na elección de optativas)
IMPORTANTE: para a elección de materias optativas terán prioridade os alumnos/as que se matriculen nas datas asignadas ao seu curso. As materias propias da modalidade non son consideradas materias optativas.
Para dita elección de optativas ordenaranse os alumnos alfabéticamente, multiplicarase o número de alumnos polo número 0,18 (obtido dun sorteo ante os delegados de 4º ESO) e empezarase a repartir a optativa do primeiro bloque polo alumno/a seguinte ao número obtido. A optativa do segundo bloque empezarase a repartir polos alumnos que non obtivesen a do primeiro bloque solicitada, a continuación seguirase a mesma orde que para as do primeiro bloque. Todo isto coa excepción daquelas optativas de 2º de Bacharelato que sexan continuación doutra de 1º Bacharelato, neste caso terá prioridade aquel alumno que a estea cursando en primeiro.
Asimesmo, as optativas serán asignadas sempre que sexa posible en función da dispoñibilidade de profesorado e das aulas nas que serán impartidas.
O HORARIO de entrega da documentación na Secretaría para todos os días será desde as
9:30 ata as 13:30 horas.
IMPRESOS: teñen que presentar o impreso de matrícula (coa documentación que especifica este) e o das autorizacións. En total son dous impresos máis a documentación solicitada.
ESO | BACHARELATO |
IMPRESO MATRÍCULA PRIMEIRO DE BACHARELATO |