Skip to Content
 

IES MONELOS ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

Este curso académico o noso instituto foi seleccionado como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, dentro do programa educativo que leva adiante a Dirección Xeral de Comunicación da institución.Este programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria entre os mozos e mozas, proporcionándolles un coñecemento activo da Unión Europea e do Parlamento Europeo en particular, á vez que se lle ofrece ao alumnado a oportunidade de experimentar a cidadanía europea.

A través del, a comunidade educativa do IES Monelos xunto co alumnado e diversas organizacións partícipes realizarán actividades ao longo do curso relacionadas con estas institucións, onde se traballarán os materiais proporcionados polo programa e fomentarase a creatividade dos nosos e nosas estudantes. Ademais manterase un InfoPoint físico e un InfoPoint dixital con información actualizada que presente as novidades máis relevantes para eles e os seus procesos educativos tanto do Parlamento como da UE. 

Tamén dentro das actividades que realizaremos ao longo do curso, celebraremos con toda a comunidade o Día de Europa.

É para nós un orgullo o ser seleccionados de entre todas as candidaturas españolas y europeas como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo e iniciaremos así xunto a todos vós un proxecto ilusionante que nos acompañará nesta senda de aprendizaxe sobre a realidade actual, os valores e a cidadanía europeas.

Aqueles alumnos e alumnas interesados en participar, escribide un correo cos vosos datos a: parlamentoeuropeo@iesmonelos.edu.es. Animádevos que vai ser moi interesante!



page | by Dr. Radut