Concurso día internacional da muller (8 marzo)
GAÑADORAS DO CONCURSO:
Lucía Morandeira Pena (2º ESO A)
Iria Hidalgo Novoa (4º ESO A)
O EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos organiza un concurso no que pode participar todo o alumnado do instituto. O concurso comezará o luns 21 de febreiro e rematará o venres 11 de marzo. Dito concurso consistirá en atopar o nome de 21 mulleres relacionadas co mundo da cultura, ciencia, matemáticas, medicina e educación. A información sobre estas personalidades será publicada páxina web do instituto no apartado de departamentos e en concreto no de normalización durante estes días con algún aspecto biográfico delas. Tamén no blog de normalización: cotarelomonelos.blogspot.com.
BASES
1. Dirixido a todo o alumnado do centro establecéndose unha única categoría.
2. Para poder participar e necesario cubrir un formulario que estará publicado na páxina web do instituto no departamento de normalización.
3. Gañarán todas aqueles formularios que acerten o nome de todos as personaxes femininas.
4. Só se concederán ata 5 premios. En caso de haber máis acertantes farase un sorteo público para indicar quen son eses cinco gañadores.
5. O premio consistirá nun vale canxeable por 5 bocatas e bebida na cafetería Alfredo’s Bar do instituto.