PROGRAMA TEI (TITORÍA ENTRE IGUAIS)
O IES Monelos participa este curso 2021-2022 no programa TEI. Trátase dun proxecto educativo innovador para mellorar a integración escolar, a convivencia entre o alumnado e evitar o acoso escolar. O programa TEI (“titorización entre iguais”), é un programa baseado no acompañamento de alumnos de 3º de ESO a alumnos de 1º de ESO (novos no centro). Cada alumno e alumna de 1º de ESO será titorizado por un compañeiro ou compañeira de 3º de ESO, que estará preto del coa finalidade de axudalo na súa integración no centro, diminuír a súa inseguridade, mediar nos conflitos, actuar como referente para a mellora da autoestima e diminuír os desequilibrios de forzas que orixinan o acoso escolar. Na aplicación do TEI, sensibilizarase ao alumnado contra o acoso escolar e a favor dun modelo de relación entre compañeiros baseado no respecto mutuo, na corresponsabilidade e na solidariedade.
Preme na imaxe para ver as fotos da presentación |