CONSTRUÍNDO MOLÉCULAS E COMPOSTOS
A actividade "Construíndo Moléculas e Compostos" consiste na construción de moléculas e compostos mediante o agrupamento de átomos de diferentes elementos químicos. Estes átomos represéntanse de forma esférica mediante a plastilina, e os escarvadentes que unen devanditos átomos representan as ligazóns químicas entre os átomos dos elementos. Os/ as alumnos/ as aprenderon que non se poden formar enlaces/ unións entre átomos de calquera forma, e que cada elemento químico posúe unha capacidade de combinación diferente con outros átomos doutros elementos químicos.
Con esta actividade introducimos o concepto abstracto de molécula en Química e Bioloxía, xa que a materia viva (en concreto o ser humano) está formada de moléculas como a auga ou de macromoléculas como o ADN que se atopa no núcleo das nosas células eucariotas. Tamén o osíxeno que respiramos ( dioxígeno) constitúe unha substancia molecular simple.
Esta práctica de laboratorio foi realizada na aula, cumprindo as normas sanitarias do protocolo covid-19, por todo o alumnado de 2º E. S.O. (grupos A, B e C) e tamén polos 20 alumnos de 1º E. S.O. (D)
Gozamos e aprendemos moito!
Profesor: José Carlos Areán