Mascarillas para alumnado de ESO
Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Cursos: Todos os cursos de ESO.
Normativa: Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro)
Requisitos:
1. Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar
ou
2. Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
-
Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2018, igual ou inferior a 6.000 €.
-
Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Prazos: Solicitude ata o 27 de novembro.
Procedemento: Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada. Os que non solicitaron o cheque pero tiñan dereito á axuda (punto 2) deberán cubrir a solicitude e entregala nas oficinas do centro.
Solicitudes: Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén se pode recoller no centro.