Skip to Content
 

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 15/04/2020

Bo mércores!

Que vos pareceu o cómic de onte?

Hoxe imos comezar a facer actividades sobre el. Tomádeo con calma, pensade ben as respostas e repasade a teoría cando o precisedes.

A data de entrega desta primeira actividade é mañá 16/04/2020 no correo de sempre. Déixovola como documento adxunto.

Por certo, sei que algúns de vós estades a facer pan e algúns con masa nai, por iso xuntarei as imaxes que me estades enviando e o xoves da semana próxima publicareinas neste blogue (se algunha persoa non autoriza esta publicación que mo faga saber)

Un saúdo! Sorriso

Nota alumnado titoría 1ºESO B: como xa estamos comezando o 3º Trimestre, tedes que asegurarvos de que estades en contacto con tod@s @s profes que vos dan clase a través dos medios que cada un/unha puxo á vosa disposición. Contactade cos que non o fixéchedes para que saiban que estades ao tanto de como traballar en cada materia. Se tedes algunha dúbida en algunha materia ou non sabedes como contactar co profesorado comentádemo e o solucionamos.

AdxuntoTamaño
activ1_plancton.pdf514.49 KB


blog | by Dr. Radut