I Concurso IES Monelos de Cociña de Outono
Organizado polo EDLG
Bases do concurso
1. Poderán participar todos os membros da comunidade escolar do centro.
2. Presentaranse os pratos a primeira hora do xoves 28 de novembro no corredor de entrada do centro.
3. Xunto ao prato deberá adxuntarse a receita que terá que estar escrita en galego.
4. Haberá un primeiro e un segundo premio para o alumnado participante.
5. O primeiro premio terá un valor de 30 €.
6. O segundo premio terá un valor de 20 €.
7. O xurado estará formado por tres profeso@s e dous alumn@s que elixirán os pratos que consideren que son mellores.
8. Durante o primeiro e segundo recreo haberá unha cata por parte dos membros do centro.
9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.