Bo luns a tod@s!
Para rematar os contidos relativos ao Reino Animal, esta semana tedes que facer un pequeno traballo. As instruccións están recollidas no documento que vos deixo como adxunto.
Lede ben as normas da actividade e, como vos digo nese documento, preguntade todas as dúbidas que teñades.
É unha actividade final, que nos serve para repasar todo o visto sobre animais. Facédea con calma e ben, completando todos os apartados.
Tedes de prazo para entregala ata o xoves 28 de Maio.
Nas clases en liña desta semana faremos algún xogo/actividade para repasar o Reino Animal (vertebrados e invertebrados). Dádelle un repaso á teoría antes de ter clase.
Boa semana!
Un saúdo
Avisos importantes:
- Tedes na páxina principal do IES unha nota sobre os días e horas aos que podedes ir ao centro a recoller o material que vos quedou na clase.
- Para os que tedes os cadernos de recuperación: hai un erro na puntuación da 1ª actividade: cada apartado desa actividade suma 0.25 puntos, en lugar dos 0.20 que aparecen recollidos no caderno.