Opcións de matriculación
O curso contén información e documentación relacionada coa materia do 2º curso de Bacharelato "Actividade Física e Deporte".
A Educación Física ten como finalidade principal que o alumnado acade a
competencia motriz, entendida como un conxunto de coñecementos, procedementos,
actitudes e emocións que interveñen nas múltiples interaccións que realiza unha persoa
no seu medio e coas demais, que permite que o alumnado supere os diferentes
problemas motores propostos tanto nas sesións de Educación Física como na súa vida
cotiá; sempre actuando de forma coherente e en concordancia co nivel de
desenvolvemento psicomotor, tendo outorgado especial sensibilidade á atención a
diversidade nas aulas e aos estereotipos de sexo para propiciar a igualdade de xénero,
utilizando estratexias inclusivas e sempre buscando a integración dos coñecementos, os
procedementos, as actitudes e as emocións vinculados á conduta motora.
A competencia motriz en 2º de Bacharelato vai seguir sendo desenvolvida a través
do movemento, conxuntamente coa competencia de aprender a aprender, sentido de
iniciativa e espírito emprendedor, competencia cultural, matemática e competencias
básicas en ciencia e tecnoloxía e, en menor medida, a competencia en comunicación
lingüística e a competencia dixital. O traballo por competencias integra un coñecemento
de base conceptual, outro relativo ás destrezas e, por último, un con gran influencia social
e cultural, que implica un conxunto de valores e actitudes.
A materia enmárcase dentro da filosofía do Centro de fomentar a actividade física e
hábitos saudables para todo o alumnado.
POR QUE E PARA QUE?
CONTINUIDADE DA EDUCACIÓN FÍSICA ESCOLAR. Querendo dar continuidade a eses hábitos adquiridos durante a escolarización, o alumnado atopase cunha lagoa neste derradeiro curso previo aos seus estudos superiores. Pretendemos polo tanto que esta materia lle dea continuidade á materia de EF, xa que é o único curso onde non hai esta materia, e así poder completar a bagaxe de aprendizaxes necesarias para alcanzar a desexada competencia motriz.
PREPARACIÓN DE PROBAS FÍSICAS. Deste xeito quedarían cubertas as necesidades do alumnado que precise preparar probas físicas específicas para acceder a saídas académicas como estudos universitarios de Educación Física e Deporte, ou profesionais como bombeiros, corpos de policía, exército profesional,…
FORMACIÓN PARA ESTUDOS POSTERIORES.
Por unha banda, dada a evolución que experimentou o número de profesións e da
oferta de estudios superiores relacionados coa actividade física e a saúde individual e
colectiva e co uso adecuado do tempo libre, esta materia tratará de presentar distintas
alternativas que sirvan para que o alumnado poida adoptar criterios de valoración desas
profesións e posibilidades de estudo, xa sexa no ámbito universitario, no da formación
profesional ou nas ensinanzas deportivas, así como nas profesións nas que o ocio e a
saúde se converten nun aspecto imprescindible para o seu desenvolvemento.
- Teacher: Elena González Arias
- Teacher: Óscar Iglesias Fernández