Skip to Content

ACHEGA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO DO 24 DE MARZO AO 6 DE ABRIL, AMBOS INCLUÍDOS, DE 9:00 A 13:00

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 17. Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta

1. Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

2. A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

3. O consello escolar dos centros docentes públicos e a titularidade dos centros privados concertados poderán requirir, de forma motivada, a documentación complementaria que estimen necesaria para acreditar as situacións e circunstancias alegadas, concedendo un prazo de 5 días hábiles para á súa presentación.

4. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DO 24 DE MARZO AO 6 DE ABRIL, DE 9:00 A 13:00, NA SECRETARÍA DO CENTRO O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN EN:

1º DA ESO

 

NON DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN O ALUMNADO QUE SOLICITOU ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

2º DA ESO

3º DA ESO

4º DA ESO

1º BACHARELATO

2º BACHARELATO

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 25 DE ABRIL.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 15 DE MAIO.

 

CRITERIO

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

PROXIMIDADE DO DOMICILIO FAMILIAR AO CENTRO

 

Certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo, o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

PROXIMIDADE DO LUGAR DE TRABALLO AO CENTRO

 

Persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto pola/o empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo.

No caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.

O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.

CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL

Certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas

PARA O ACCESO AO BACHARELATO:

VALORACIÓN DO EXPEDIENTE ACADÉMICO

Certificación académica persoal de 3º da ESO.

A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOS CRITERIOS DE DOMICILIO FISCAL, RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR, CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA E DE DISCAPACIDADE DO ALUMNADO, DO/DA PROXENITOR/A, DO/DA TITOR/A OU DOS/DAS IRMÁNS/ÁS RECOÑECIDA POLA XUNTA DE GALICIA, SÓ SERÁ NECESARIO PRESENTALA CANDO A PERSOA INTERESADA DENEGUE EXPRESAMENTE A CONSULTA AUTOMÁTICA NA SOLICITUDE.

 

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Existencia de irmás ou irmáns no centro

 

Por unha irmá/n matriculado no centro

8 puntos

Polo segunda e seguintes irmás ou irmáns matriculados no centro

2 puntos por cada un

Por ser traballador/a do propio centro

3 puntos

Por proximidade do domicilio familiar ao centro

 

Se o domicilio familiar se atopa na área de influencia do centro

8 puntos

Se o domicilio familiar se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro

4 puntos

Se o domicilio familiar se atopa noutras áreas

0 puntos

Pola proximidade do lugar de traballo ao centro

 

Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado dentro da área de influencia do centro

6 puntos

Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro

3 puntos

Lugar de traballo da nai, pai ou titores, situado noutras áreas

0 puntos

Por condición de familia numerosa

 

Por familia numerosa de categoría especial

3 puntos

Por familia numerosa de categoría xeral

2 puntos

Por condición de familia monoparental

2 puntos

Por renda per cápita da unidade familiar (valorada por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM))

 

Ingresos inferiores a 0,5 veces o IPREM

3 puntos

Ingresos iguais ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM

2 puntos

Ingresos iguais ou superiores ao 0,75 veces o IPREM

1 punto

Ingresos iguais ou superiores ao IPREM

0 puntos

Por discapacidade

 

Da alumna ou alumno

4 puntos

Dalgún dos proxenitores ou titores

3 puntos

Dalgunha das irmás ou irmáns da alumna ou alumno

1 punto por cada un

Valoración do expediente académico para o acceso ao bacharelato

 

Nota media de sobresaliente

2 puntos

Nota media de notable

1 punto

Nota media de ben

0,50 puntos

Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, se é o caso.

1 punto (*)

(*) Na reunión do Consello Escolar do IES Miraflores celebrada o 18 de marzo de 2013, foi aprobada a decisión de non valorar o punto do Criterio Complementario ao que fai referencia o artigo 28.3 da Orde de 12 de marzo de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.



blog | by Dr. Radut