Skip to Content

OBRADOIRO CON FAMILIAS: TECNOLOXÍA, CONVIVENCIA E ADICCIÓNS. CLAVES PARA EDUCAR.

TECNOLOXÍA, CONVIVENCIA E ADICCIÓNS. CLAVES PARA EDUCAR.

Antonio Rial Boubeta. Profesor da USC e investigador.

DATA: mércores 30 de marzo de 2022

Hora: De 18:00 a 20:00 horas

LUGAR: Auditorio do Centro Cultural A Fábrica (Santa Cristina)

INSCRIPCIÓN: https://forms.gle/RnYmfQoQ92jr9w4b9

Na charla-coloquio o profesor Antonio Rial Boubeta (da USC) poñerá sobre a mesa datos reveladores ao respecto e, ao mesmo tempo, reflexionará connosco sobre algunhas claves para que tanto nais e pais, como educadores sexamos quen de enfrontar no día a día esta nova problemática.

“Educar nestes días non é tarefa doada. Ao coñecido problema do botellón únese agora o Imperio do Selfie e a Tiranía de Instagram, a Adicción a Internet e as TIC, así como unha morea de conductas de risco na Rede, que en ocasións non acadamos sequera a pronunciar (sexting, grooming, ciberbullying…). Non é esaxerado afirmar que teléfonos móbiles e tablets son hoxe en día as principais fontes de conflito familiar. De maneira particular, o uso dos videoxogos, o xogo online ou as polémicas apostas deportivas están traendo consigo non poucos desgustos a cada vez máis adolescentes e, por extensión, ás súas familias. Mais alá das innegables potencialidades que o xogo posúe como ferramenta de aprendizaxe, o certo é que nunha sociedade como a nosa, onde a industria do videoxogo supera en volume de facturación á música, o cine e o teatro xuntos, o risco de ludopatía está aumentando a pasos axigantados, sen que pais e educadores saibamos ben como reaccionar. Os expertos estiman que hoxe en España 2 de cada 3 adolescentes teñen como principal hábito de ocio os videoxogos, que mais alá dos cuantiosos beneficios económicos que xeran, rematan por “enganchar” literalmente a miles de adolescentes. O mesmo pasa coas webs de apostas e xogos de azar, un negocio monstruoso que non para de medrar. Aínda que para os menores constitúe unha práctica ilegal, estímase que tan só no último ano en Galicia apostaron cartos na Rede más de 10.000 adolescentes, cifra que se duplica no caso das apostas deportivas en bares ou cafeterías. A nosa reacción habitual é preguntarnos que teñen na cabeza os nosos fillos, pero non menos importante é preguntarnos en que podemos estar fallando as familias e a Administración, e cal é a deriva que estamos tomando como sociedade”.



blog | by Dr. Radut