Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

ALUMNADO PARA 1º ESO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Todo o alumnado procedente dos centros adscritos ao IES Miraflores (CEIP A Rabadeira e CEIP Juana de Vega) que fixo a reserva de praza está admitido para o curso 2022-2023.

Poderán consultar os listados nos taboleiros de anuncios dos centros de procedencia ou no propio instituto.

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

CURSO

VACANTES

1º ESO

0

2º ESO

8

3º ESO

12

4º ESO

15

1º Bacharelato Ciencias e Tecnoloxía

10

1º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais

3

2º Bacharelato Ciencias

7

2º Bacharelato Humanidades e Ciencias Sociais

7

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do 1 ao 21 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

As solicitudes deste proceso realizaranse mediante o modelo ED550B - anexo II.

As persoas solicitantes poderán:

 A) Cubrir os formularios na aplicación admisionalumando e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoña de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

 B) Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ed550b-g.pdf) para cubrilos manualmente e presentalos de forma presencial (de 9:00 a 13:30).

MOI IMPORTANTE: Deberán marcar obrigatoriamente no modelo ED550B os criterios que desexa que se teñan en conta á hora de obter a puntuación para a admisión no centro solicitado, se non, non se terán en conta á hora de baremar.

PROTOCOLO COVID: Co fin de limitar os contactos interpersoais, recoméndase a presentación da solicitude por sede electrónica. No caso de facelo presencialmente, na medida do posible, evitarase a presencia no Centro nos recreos (10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30).

DOCUMENTACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN

O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude de admisión a seguinte documentación:

- Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (Copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia).

- Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do procedemento ED550B (certificación académica).

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

 

OUTROS PRAZOS

Listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril. Poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados.

No caso de que haxa máis solicitudes que prazas haberá que baremar, polo que só se terán en conta os criterios marcados no modelo ED550B. O prazo para presentar a documentación xustificativa destes criterios alegados será do 24 de marzo ao 6 de abril, ambos os dous incluídos.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

LEXISLACIÓN E INFORMACIÓN

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

Corrección de erros. Orde do 12 de marzo de 2013.

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo do 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio de Educación (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED550B).

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Áreas de influencia

Criterio complementario de centro (Ver arquivo adxunto)

Instrucións da Dirección Xeral de Centros proceso de admisión curso 2022/23

Anuncio sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2022/23

Resolución do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2022/23

As listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e excluídas poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda Timbre) ou no propio centro.

AdxuntoTamaño
CRITERIO COMPLEMENTARIO IES MIRAFLORES.pdf182.3 KB


blog | by Dr. Radut