Skip to Content

Somos Miraflores

Avda Miguel Hernández, 8. 15173- Oleiros (A Coruña).

Tno: 881 880 845. e-mail: ies.miraflores@edu.xunta.es

AVALIACIÓN FINAL ESO E AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BACH

ENTREGA DE BOLETÍNS COAS CUALIFICACIÓNS FINAIS: O mércores, 26 de xuño, ás 11:00, as/os titoras/es de cada grupo farán entrega dos correspondentes boletíns nas respectivas aulas.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:

- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Revisión e reclamación das cualificacións no centro: Durante o xoves 27 e o venres 28 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou a súa nai, pai ou persoas titoras legais poderán solicitar ao profesorado a revisión das diversas probas e as aclaracións que consideren precisas (Modelo 1).

No suposto de que, tras as oportunas aclaracións, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un/ha alumna, poderán solicitar por escrito no centro (Modelo 2) nese mesmo prazo (xoves, 27 e venres, 28 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas) a revisión da devandita cualificación ou decisión por parte do correspondente departamento didáctico ou equipo docente. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final ou decisión obxecto de revisión.

Notificación escrita por parte de Dirección aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación final ou da decisión de promoción/titulación: Luns, 1 de xullo, a partir das 18:00 horas, na Dirección do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial:  No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final dunha materia ou coa decisión sobre a promoción ou titulación, o alumnado, de ser maior de idade, ou a súa nai, pai ou persoas titoras legais poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o martes 2 e o mércores 3 de xullo, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Modelo 3).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que adoptará a decisión pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, as súas persoas proxenitoras ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

PREMIOS MEGABAU

A CIUG premia ao estudantado cos mellores expedientes de Galicia nun evento de homenaxe.

Este acto, que se celebra no Coliseum de A Coruña en colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as tres Universidades públicas galegas: Universidade de A Coruña – UDC, Universidade de Santiago – USC e Universidade de Vigo –UV, quere premiar ao alumnado que teña acadado unha nota igual ou superior a 9 como nota de acceso á Universidade.

Por parte do IES Miraflores de Oleiros forman parte desta homenaxe as seguintes alumnas:

  • Andújar Salamanca, Paula
  • Dorado Fernández, Alba
  • Longueira Carracedo, Manuela
  • Martín Sampedro, Lucía

Parabéns!!


ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E MATRÍCULA CURSO 2024-2025. LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025.

1.- ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS:

CUALIFICACIÓNS FINAIS DA ESO E EXTRAORDINARIA DE 1º BACHARELATO: MÉRCORES 26 DE XUÑO, ÁS 11:00, NAS AULAS DE GRUPO.

 

2.- ENTREGA DE SOBRES DE MATRÍCULA:

AO ALUMNADO DA ESO, ACTUALMENTE MATRICULADO NO CENTRO, FARÁSELLE ENTREGA DO CORRESPONDENTE SOBRE DE MATRÍCULA, XUNTO CO BOLETÍN DE CUALIFICACIÓNS FINAIS, O MÉRCORES 26 DE XUÑO ÁS 11:00.

O RESTO DE ALUMNADO PODERÁ DESCARGAR DA WEB OU RECOLLER NA CONSERXERÍA DO CENTRO OS DOCUMENTOS DE MATRÍCULA DENDE O VENRES 21 DE XUÑO.

3.- FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025:

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

 

26 XUÑO

MATRÍCULA 2º BACH

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

 

27 XUÑO

MATRÍCULA 1º BACH

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

28 XUÑO

MATRÍCULA 4º ESO

 

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

1 XULLO

MATRÍCULA 3º ESO

 

8:00-11:00

APELIDOS A-L

 

11:00-14:00

APELIDOS M-Z

 

2 XULLO

MATRÍCULA 2º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS A-L

3 XULLO

MATRÍCULA 2º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS M-Z

4 XULLO

MATRÍCULA 1º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS A-L

5 XULLO

MATRÍCULA 1º ESO

 

8:00-14:00

APELIDOS M-Z

A DOCUMENTACIÓN PRESENTARASE NA SECRETARÍA DO CENTRO NAS HORAS DO DÍA SINALADO PARA CADA NIVEL E PARA CADA LETRA DO APELIDO. DE SER POSIBLE, PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS, DEBEN TRATAR DE NON PRESENTARSE Á ÚLTIMA HORA DA MAÑÁ. OS IRMÁNS QUE SE MATRICULEN NO CENTRO, AÍNDA QUE SEXAN DE DISTINTOS NIVEIS, PODERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA CONXUNTAMENTE NA DATA NA QUE SEXA CITADO/A O/A PRIMEIRO/A DELES/AS.

DEBERÁN ACHEGAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

1.- IMPRESO DE MATRÍCULA CUBERTO CON LETRA CLARA E ASINADO (INCLUÍDA A AUTORIZACIÓN DO TRATAMENTO DA IMAXE).

2.- 1 FOTOGRAFÍA ACTUAL RECORTADA (aproximadamente 2.5cm X 3cm.) CON NOME,  APELIDOS E NIVEL ESCRITOS NO DORSO.

3.- IMPRESO DAS PERSOAS AUTORIZADAS PARA RECOLLER AO ALUMNO/A NO CENTRO ASINADO POLOS PROXENITORES/AS TITORES/AS LEGAIS. DEBE CUMPRIMENTALO TODO O ALUMNADO.

4.- OUTROS DOCUMENTOS, SEGUNDO O CASO:

ALUMNADO NOVO NO CENTRO:

- COPIA DNI. OS MENORES DE 14 ANOS QUE NON O TEÑAN DEBERÁN TRAER FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA. EN CASO DE NON TER NACIONALIDADE ESPAÑOLA, DEBERÁN APORTAR A FOTOCOPIA DO NIE.

- CERTIFICACIÓN ACADÉMICA OU COPIA DO BOLETÍN DE NOTAS DO CURSO 2023/2024.

ALUMNADO DE 1º E 2º DA ESO:

- COPIA DNI SE NON SE ENTREGOU CON ANTERIORIDADE.

- COPIA DA TARXETA SANITARIA.

ALUMNADO DOUTROS NIVEIS (3º E 4º DA ESO, 1º E 2º DE BACHARELATO):

- COPIA DNI SE NON SE ENTREGOU CON ANTERIORIDADE.

- RESGARDO DE PAGAMENTO DE 1,12€ DO SEGURO ESCOLAR NA CONTA DO IES MIRAFLORES.

ABANCA:   ES95 2080 0064 9931 1000 0236 (CONCEPTO: NOME DO/A ALUMNO/A)

PARA TODO O ALUMNADO, DE SER O CASO:

- EN CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, DEBERÁN ACHEGAR A SENTENZA XUDICIAL E/OU CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A ATRIBUCIÓN DA CUSTODIA DO/DA MENOR OU PRIVACIÓN DA PATRIA POSTESTADE POR PARTE DALGÚN PROXENITOR.

- IMPRESO DE SOLICITUDE / RENOVACIÓN DE TAQUILLA.

- IMPRESO CUBERTO DAS ENFERMIDADES DE URXENCIA VITAL (DEBERÁ APORTAR INFORME MÉDICO ACTUALIZADO).

- IMPRESO DE SOLICITUDE DE USO DO TRANSPORTE ESCOLAR (SEGÚN CORRESPONDA):

- MODELO ALUMNADO DA ESO CON DOMICILIO NA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO.

- MODELO ALUMNADO DA ESO CON DOMICILIO FÓRA DA ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO (EXCEPCIONAL).

- MODELO ALUMNADO DE BACHARELATO (EXCEPCIONAL).

 

XESTIÓN TELEMÁTICA. NON É PRECISO PRESENTAR NO CENTRO:

- SOLICITUDE ALTA NA ANPA (CONTACTO: anpa@iesmiraflores.gal)

https://forms.gle/RLqDndZ5yAVjNT9z5

 

- SOLICITUDE ALTA NO COMEDOR ESCOLAR (CONTACTO: 637 544 367)

https://forms.gle/93KuLVwuLigwQmTL6

NON SE RECOLLERÁ DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA

Foodtruck. Crêpes dende Bretagne

O venres 31 de maio estivo no IES Miraflores unha foodtruck para facer crêpes co alumnado de francés de 1º, 3º, 4º ESO e 1º Bach. Chámase 'La Marinière' e da man de Jérémy Thomas, que chegou directamente de Lorient en Bretagne, o noso alumnado puido coñecer a orixe e a receita das crêpes.

 

Pero non só iso, tamén puideron desfrutar dunha actividade didáctica completa, primeiro simulando a conversa para comprar unha crêpe e facendo cada neno e nena a súa propia crêpe para despois degustalas, miam miam.

 

IX Concurso de Debuxo Picasso

O pasado 5 de xuño coñecéronse os/as gañadores/as do IX Concurso de Debuxo Picasso organizado pola "Asociación da Prensa da Coruña (APC)" co patrocinio da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e coa colaboración do IES Eusebio da Guarda.

 

Entre os/as premiados/as figuran os traballos de varias das nosas alumnas:

Premio José Luis Bugallal á mellor ilustración: Luz Blanco Tato - IES Miraflores (Oleiros)-Profesora: Ana Sogo

 

 

Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción: Alba Echeverri - IES Miraflores (Oleiros)-Profesora: Irene Lustres

Noraboa ás premiadas!

Actividade Expresión Artística do Club de Lectura de 3ºESO-PDC

O pasado venres 31 de maio, o alumnado do Club de lectura de 3º de ESO asistiu na sede de Afundación, na Coruña, á exposición “Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo”.

Puideron desfrutar do traballo de recoñecidos autores do cómic español reinterpretando o mito de Picasso artista  e das súas obras a través dunha xincana, así como da realización dun taller de robótica relacionado coas instalacións artísticas sostibles.

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O prazo de solicitude é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. Unha vez cuberto o formulario de solicitude, se non tes certificado electrónico para presentalo de maneira online, podes imprimilo  e presentalo no teu centro educativo.

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

Axudas do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Axudas para adquisición de libros de texto, material didáctico e informático, para alumnado matriculado en centros docentes dependentes do MEFPD, en Educación Primaria e Ensino Secundario Obrigatorio.

Prazo de solicitude: desde o 13 de maio de 2024 ás 09:00 ata o 25 de xullo de 2024 ás15:00

Destinatarios: alumnado matriculado no curso 2024/25 nos niveis obrigatorios de ensino (Primario e Secundario).

Importante: Non pode ser solicitada por quen xa goce dunha axuda coa mesma finalidade.

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/20/201853/ceuta-melilla-cidead/201853-ceuta-melilla-cidead-2024-25.html

VI Carreira da luz - Entrega da recadación á asociación PANGONO PANGONO

O luns, 13 de maio, fíxose entrega do cheque coa recadación total (6.131€) da VI Carreira da Luz á Asociación Operación Pangono Pangono, a cal irá destinada á compra dunha furgoneta para a residencia de estudantes Amaia María da Àrea 49 de Lilongwe de Malawi.

Grazas a todas as entidades colaboradoras e a todos/as os participantes por iluminar, unha vez máis, o noso proxecto de obra social que, neste caso, servirá para apoiar os labores solidarios da Asociación Operación Pangono Pangono.

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR MUNCYT

Na primeira quincena de maio, o alumnado de 2º e 3º da ESO tivo a posibilidade de coñecer a través dunha visita guiada, as diferentes temáticas promovidas polo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña.

No caso do alumnado de 2º ESO, a través da realización dunha xincana que lles permitiu afondar coñecementos sobre diferentes inventos correspondentes principalmente ao século XX, relacionados coas diferentes ramas científicas.

Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO, coa realización dun taller de introdución á química e o concepto de pH, onde puideron sintetizar esferificacións con alxinato de sodio.

Distribuir contido


by Dr. Radut