O martes, 2 de novembro, as 16:30 h, procederase a constitución, no noso centro, da Xunta Electoral , encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar do IES do Milladoiro, que se realizará no mes de novembro de 2021. Esta mesa estará integrada polas seguintes persoas:
- Carlota Vicente Lorenzo (alumnado)
- María Beatriz Costa García (nais/pais)
- María Elena Docanto Laviña (profesorado)
- Victoria Ferreiro Ferreiro (persoal de administración e servizos)
- Francisco José Otero Iglesias (director)
As competencias da Xunta Electoral son as seguintes:
- Aprobar e publica-los censos electorais, que deberán reflexar, en todo caso, nome apelidos dos electores.
- Concreta-lo calendario electoral, de acordo co establecido no artigo 29° do presente Regulamento.
- Ordena-lo proceso electoral.
- Admitir e proclamar candidaturas.
- Promove-la constitución das distintas mesas electorais.
- Resolve-las reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.
- Proclama-los candidatos elixidos e remiti-las correspondentes actas á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.