1. Realizarase unha tertulia en pequenos grupos sobre un dos temas propostos. Trátase de abordar un contido curricular de xeito persoal, con achegas máis do que confrontación de ideas. O faladoiro é un intercambio de opinións nun ambiente máis ou menos informal.

2. Os grupos terán de 3 a 6 integrantes e comezarán a planificar a produción na aula: escolla do tema, determinación dos aspectos que pode abordar cada alumno/a, etc.

3. Cada integrante debe facer como mínimo dúas intervencións. A primeira terá unha estrutura clara (introdución e corpo argumentativo, cando menos). A segunda deberá facerse ao fío do que dixeron outras persoas.

4. Cumprirá optar por un destes temas:

  • A situación da lingua galega no ensino: marco lexislativo e actitudes percibidas. Conectarase co que sabemos dos modelos de ensino para as linguas cooficiais en España para facer contrastes e valoracións.
  • As enerxías alternativas no marco do teito do petróleo. Conectarase coa charla de Casal Lodeiro e os materiais vistos na aula.

5. As intervencións efectuaranse na aula o martes 14 de maio ou entregaranse gravadas ata ese mesmo día.

6. Un modelo de tertulia pode ser este, protagonizado por alumnado deste centro.

7. A preparación e realización é grupal, mais a avaliación será individual. Considerarase fundamentalmente:

  • O axuste aos contidos.
  • A pertinencia e valor argumentativo das achegas.
  • A estrutura da primeira intervención e a conexión da segunda.
  • A fluidez da alocución (non lida, en calquera caso).
  • A corrección lingüística.
Última modificación: luns, 6 de maio de 2024, 11:27 PM