1. Proposta de traballo

En pequenos grupos, realizade unha procura de valores e de deficiencias gramaticais (interferencias morfosintácticas fundamentalmente) en textos vosos revisados polo profesor ao longo do curso para:

  • escoller casos relacionados con diferentes categorías gramaticais e coa sintaxe galega;
  • achegar as formas alternativas correctas;
  • indicar e explicar as regras gramaticais que implican.

Confeccionade, daquela, unha listaxe variada de erros frecuentes ou significativos acompañados das correccións e dos coñecementos precisos para evitalos. O esquema a seguir é:

  • 1º problema de expresión + corrección + explicación
  • 2º problema de expresión + corrección + explicación
  • etc. (ata 10)

Importante 1: é preciso que haxa cando menos dous casos que representen os contidos de cada un dos cinco caderniños que acompañan esta tarefa: As categorías do substantivo, O adxectivo, As palabras adnominais, Pronome persoal e Usos do verbo.

Importante 2: no que se refire ao pronome persoal, cómpre incluír cando menos un caso de colocación do pronome átono; no tocante ao verbo, valorarase especialmente unha proposta razoada de inclusión do infinitivo conxugado.

Na seguinte páxina están os apoios para a mellora lingüística, sempre útiles en caso de dúbida.

Este labor realizarase na aula e presentarase ata o venres 7. Mais tamén se aceptaría (e valoraría) un vídeo curto, que se podería remitir por correo (dplingua) ata o sábado 8.