1. Algunhas claves do pronome persoal

Partimos desta lectura inicial.

O pronome persoal, do IES de Mos.

Aprendo galego (tamén inclúe práctica).

1. Localiza os erros de colocación do pronome átono -un por parágrafo- e xustifica os cambios precisos.

O borrador do decreto co que o Ministerio de Educación ordena e fixa os contidos do novo Bacharelato contempla a posibilidade de que esta etapa se poida cursar en 3 anos e que se poida chegar a Selectividade (ABAU) cun suspenso. A norma especifica as condicións en que, de maneira excepcional, poderase obter o título cun suspenso.

O borrador que deu a coñecer a Ser establece catro puntos: que o equipo docente considere que o alumno alcanzou os obxectivos e competencias vinculados a ese título; que non se producise inasistencia continuada e non xustificada; que o alumno presentouse ás probas e realizou as actividades necesarias para a súa avaliación e que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa sexa igual ou superior a cinco.

En canto á promoción, fíxase un máximo de dous suspensos. " En todo caso, o alumnado deberá matricularse en segundo curso das materias pendentes de primeiro. Os centros educativos deberán organizar, de se dar o caso, as consecuentes actividades de recuperación e avaliación das materias pendentes", agora se sinala no texto.

2. Identifica os dativos de solidariedade e os de interese nas seguintes oracións. Fíxate antes nestes casos comentados.

Tráioche as últimas entradas para o concerto [che CI -a ti-]

Tráiochelles a eles as últimas entradas para o concerto [lles CI + che DS, non pode ser CI]

Vai calor [non admite CI]

Vaivos calor [vos DS]

  • Estádeme caladiños, por favor.
  • Colleumo e liscou.
  • Trouxéronmevos un xamón, nunca me pasara.
  • Ese langrán non che nos fai caso ningún, nin que foramos estraños.
  • Que rico, sábeche ben este rustrido.
  • Moreniña, dóenche os ollos? / Tamén che me doen os meus: / vámolos lavar ao río / onde a troita lava os seus.
  • A rula vaise queixando / que lle roubaron o niño. / Quen cho mandou facer, rula, / tanto á beira do camiño?
  • Desde a casa do meu sogro / sentín cantar unha merla: / érache a miña rapaza / que estaba no prado á herba.

3. Explica en que consiste cada un dos seguintes erros no uso dos pronomes e corríxeos.

*Creo que me deixei aquí o móbil.

*Leveille o disfrace e non se o puxo.

*O xustificante xa llo entreguei a todos os profes.

*Viches a Brais? Teño que o levar e non lle vexo.

*Toda a xente que queira nos poderá consultar as súas dúbidas.

*Que bárbaro, con que te cortaches as unllas?

*Agora non che podo ir, xa me subín no bus.