Charla-monólogo con humor
Debes compor un pequeno texto que aborde algún tema en relación coas redes sociais e axustalo como guión dunha "minicharla" tipo TED ou dun monologuiño de espectáculo. Será unha pílula oral que condense a túa visión de determinadas experiencias de uso das redes. A súa extensión mínima é 1 minuto; non se especifica extensión máxima.
Para iso, determina:
- de principio que aspecto queres ou podes tratar segundo a túa experiencia (a partilla de novas manipuladas ou sensacionalistas, o tendencioso funcionamento dos algoritmos, o exhibicionismo virtual, a obsesión pola reacción positiva dos demais...);
- a continuación a túa postura ante ese tema, a idea ou tese que queres soster ou defender;
- a seguir a serie de feitos (dous no mínimo) que amosen a realidade tratada;
- por último, a ollada humorística que podes achegar.
Sexa cun ton máis reflexivo e didáctico (charla), sexa con desenfado e base plenamente experiencial (monólogo), deberá cumprir cos dous trazos formais seguintes. [Desenvólvense no arquivo de apoio]
- Seguir a estrutura: Inicio como desafío ou tese - Corpo que enfíe situacións (dúas mínimo) - Conclusión.
- Inserir algún feito xocoso ou un recurso humorístico.
Aproveita os modelos vistos e, se o precisas, infórmate sobre o tema nestas publicacións:
- GCiencia: Infodemia masiva: bulos e mentiras contaxiosas durante a pandemia
- El Salto Galiza: “Fueron 7 brasileños”: bulos racistas e invisibilización da LGBTfobia
- El Progreso: A Policía Nacional publica os dez bulos máis compartidos nas redes sociais
- GCiencia: #FakeNews
- Xuventude.net: Sabías que as fake news preocupan ao 86%...?
Consulta as dúbidas lingüísticas, revisa a coherencia, fluidez e corrección do texto, ensaia para evitar a lectura (ou cando menos unha lectura forzada ou monótona) e realiza a gravación.
Finalmente, entrega só o arquivo de audio (preferentemente coa extensión mp3).
- 8 de xaneiro de 2024, 1:24 AM