A hora de ler
Non é un segredo para ninguén que a cultura da lectura atópase un pouco en desuso; por iso, é común oír como nos queixamos porque os estudantes non len ou len mal.
É un feito: a lectura, aínda hoxe na época tecnolóxica, é unha habilidade necesaria e importante de practicar. O mundo, a pesar de cambiar tanto nos últimos anos, aínda necesita da lectura, quizá máis que antes, pois para manexar moitos dos medios tecnolóxicos e dixitais é imprescindible saber ler, comprender o que se le e interpretalo. Por iso, e como no IES Mestre Landín non queremos descoidar esta habilidade, o equipo de dinamización da Biblioteca puxo en marcha esta semana un apaixonante proxecto: “A HORA DE LER”.
Normas para a hora de ler
· Todos estamos invitados a este tempo de lectura, alumnado e profesorado.
· É un momento de lectura individual e en silencio.
· Non é tempo de estudo nin de tarefas de aula.
Calendario de lectura
· Todos os martes e venres (1º trimestre).
· Durante os primeiros 20 minutos da clase.
· Cada semana a hora cambia segundo o calendario adxunto.