Organizadas pola Asociación Cultural Zalaeta e dirixidas prioritariamente ao Grupo de Excelencia de 2º ESO, ao Seminario de Formación do Profesorado en Medioambiente e Paisaxismo e á Asociación de Veciños de Montealto, infórmase da primera das actividades programadas para estes colectivos:
Será unha excursión ao Pazo Faramello de Padrón, o sábado 25 de novembro, que sairá do instituto ás 10:00 h. da mañá para regresar ás 17:00 horas. Neste tempo está previsto:
-De 11:00 a 12:00 horas, a asistencia Na bodega do Pazo a unha charla por Silvia Caffaro, quen dirixe a empresa Herbas de Caaveiro en San Sadurniño e que levará por título: "Outras plantacións son posibles en Galicia: o traballo de Herbas de Caaveiro"
http://www.falamedesansadurnino.org/imaxe/herbas-de-caaveiro/
-De 12:00 a 13:30 horas, a visita guiada ao Pazo e aos seus xardíns, dirixida a disfrutar da súa beleza, á concienciación medioambiental e á repoboación arbórea en Galicia con outro tipo de especies moi alonxadas do eucalipto ou o pino.
http://www.pazofaramello.com/visitas-c21f5
-De 14:00 a 15:30 horas comeremos no restaurante San Martiño (único coste que terán que sufragar os asistentes ao Paseo, subvencionado tamén nunha gran parte para o alumnado)
http://restaurantesanmartino.es/
e tras dar un paseo por Padrón voltaremos a nosa cidade.
Esta actividade é posible grazas a unha subveción do Concello de A Coruña, Concellaría de Medioambiente
ZALAETABIBLIO Blog da Biblioteca.
RECURSOS DE CINE: Curtis de Cine
SERVIZO DE PRÉSTAMOS: CURSO 2020/2021
Xoves, 23 de Xaneiro Presentacion do concurso de relato curto "Novos talentos" Salón de Actos De 10:30 a 13:20
Todo o alumnado de 2º da ESO Hai que levar cámara de fotos Profesorado acompañante: Carmen Queijeiro, Ana Villar, Luisa García, Isabel Fernández, Laura Arrojo, Xoán C. Rábade |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer