Punto Laranxa contra o acoso escolar

Ciencias Sociais

Recollida de comida para o Banco de Alimentos

 


Ata o mércores, 24 de abril

Podedes deixar no noso Instituto (no hall ou en calquera aula) alimentos non perecedeiros para enviarlle ao BANCO DE ALIMENTOS “RÍAS ALTAS”, de A Coruña.

Pregamos aos diversos colectivos que compoñen a comunidade escolar (alumno, profesorado, persoal non docente, nais e pais) unha achega en solidariedade coas persoas máis necesitadas.

Organiza a actividade o profesorado e alumnado de 3º ESO da materia de Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.

 


Vídeo da viaxe a París


Aquí tedes un vídeo sobre a viaxe, para non esquecer nunca París.

Grazas a todo o alumnado que, coas súas fotos, permitiunos facer este vídeo.

Grazas aos pais, que apreciando o valor de aprender, tamén, fóra da aula, fixeron un esforzo.

Zalaeta, 2013


Visita a empresas de Arteixo


Edificio La Voz de Galicia

 

Os alumnos de 3º de ESO desenvolveron unha clase fora da aula mentras traballaban o tema da Industria. No mes de marzo visitaron as instalacións da empresa de carpinteiría de aluminio, Alumán como un exemplo de actividade do sector secundario e La Voz de Galicia, como un exemplo do sector terciario.

 


Visita a Santiago de Compostela


 

 

Os alumnos de Historia da Arte, pasaron un día en Santiago de Compostela, xunto cos alumnos italianos do intercambio Comenius, disfrutando da cidade e da arte románica e barroca, principalmente.

 

 


Os alumnos de 1º de ESO visitan exposicións



Os alumnos de 1º de ESO visitaron as exposicións Orígenes, cinco hitos en la evolución humana da Fundación La Caixa e Primeras civilizaciones, Egípto y Mesopotamia en el Museo de Monserrat da Fundación Caixa Galicia. Os alumnos desenvolveron unha clase fora da aula traballando sobre estes temas antes e despois de visitar as exposicións.


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer