O pasado 24 de maio diversos grupos de ciclos formativos e de 1º BAC participaron na xornada de Mobilidade sostible e segura, organizada en colaboración coa DGT e Mobili-za. Esta actividade enmárcase entre as programadas dentro do Plan Proxecta de Mobilidade Sostible que se desenvolve no centro.
Na mañá do día 1 de xuño o alumnado de 3.º ESO A, D e PDC do IES Ramón Menéndez Pidal recibiu a visita do alumnado de 3.º do IES Ferrol Vello dentro do plan proxecta de innovación lingüística "Conexión ártabra" que docentes e alumnado de ambos os centros están a desenvolver durante este curso. O alumnado visitante desfrutou do roteiro preparado polo noso alumnado e, despois, realizaron conxuntamente unha xincana pola cidade vella.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer