Punto Laranxa contra o acoso escolar

HORARIO DAS PROBAS ORDINARIAS ABAU 2019

Para máis información CIUG

Visita do alumnado alemán

O luns, día 7 de maio, tivo lugar a Recepción no Concello do alumnado do intercambio que, dende hai tras anos, ven realizando o noso Instituto co “Gymnasium Meiendorf” de Hamburgo.

Ao longo da semana as alumnas alemás asistiron ás clases cos compañeiros/as e realizaron diversas actividades: o martes, unha interesante visita guiada no “Muncyt” e ao mediodía, unha exitosa e divertida práctica de surf no Orzán, organizada por Conchi García (E.Física). O mércores visitamos Santiago, acompañados por Ana López (Historia e Arte) e o xoves viaxamos a Ourense, acompañados por Ramón Pasandín (Tecnoloxía) e Fran Soto (E. Física), para participar en “Galiciencia”, xunto cos alumnos do Club de Ciencia e Tecnoloxía, e a súa profesora Paz Freire; antes de voltar á Coruña, aproveitamos para darnos un baño nas Termas de Outariz. O último día lectivo, antes da partida, as alumnas alemás prepararon as presentacións do proxecto “Mi ciudad es tu ciudad” e expuxéronas na aula.

Destacamos, coma nas anteriores edicións, a colaboración do Centro de Hamburgo, así coma a implicación do alumnado e do profesorado do noso Instituto, acollendo ao alumnado nas aulas ou acompañándoo nas actividades que tiveron lugar fóra do Instituto.

 

Para ver a galería pincha aquí: Album 127 e Album 131  

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar 19-20

DOG do 20 de maio publícase a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).

 

PUBLICACIÓN LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS.................................10 XULLO

RECLAMACIÓN LISTAS PROVISIONAIS..................................................11-12 DE XULLO

LISTAS DEFINITIVAS..........................................................................12 DE SETEMBRO

 

Ó ALUMNADO QUE SE LLES ASIGNEN 6 OU MÁIS LIBROS TERÁN DEREITO AO VALE DE MATERIAL

- ENTREGA VALE MATERIAL ( APROBADOS XUÑO).....................................15  e 16  de XULLO

- ENTREGA VALE MATERIAL (APROBADOS SETEMBRO)..............................16 e 17 de SETEMBRO

Proxecto Erasmus en Chequia

Na semana do 2 ao 6 de maio, 5 alumnos de 1ºBAC e dous profesores viaxaron até Chequia para levar a cabo as actividades do programa Erasmus previstas para esta estancia. Visitaron Praga un par de días desde a localidade onde residían e se atopaban, a 45 minutos da capital checa. Os alummnos fixeron exposicións en inglés ante as delegacións dos outros países, traballos de equipo internacionais, xogos en grupo e aprenderon moito sobre os costumes dos diferentes estados que alí estaban representados. Organizou e dirixiu a actividade Manuel Recioy, Secretario do Centro e profesor do Departamento de Inglés.

Máis información: PROXECTOS EUROPEOS

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer