Desde o 13 de marzo as actividades lectivas véñense desenvolvendo de xeito non presencial. O profesorado do centro emprega diferentes ferramentas e recursos para levar a cabo esta teleformación. Co obxectivo de facilitar a organización de familias e alumnado, proporcionamos unha guía para cada curso do xeito de desenvolver estas tarefas e actividades polos diferentes profesores e profesoras.
Ante as numerosas notas de prensa publicadas nos distintos medios de comunicación sobre como se vai desenvolver o final de curso 2019/2020, transmitimos que :
1-. Todas elas son iso, informacións de prensa. Aos equipos directivos dos centros non nos chegou ningunha comunicación oficial
2. Estas notas de prensa están referidas a reunión que se mantivo onte entre a Ministra de Educación do Goberno de España coas Conselleiras/os de Educación das distintas Autonomías, onde, según estas informacións, déronse liñas xerais de actuación.
3. A Conselleira de Educación ten programada para mañá, o 16/04, unha reunión coa Xunta Autonómica de Directoras/es, onde, en teoría, trasladaralles as decisións tomadas na reunión de onte e de cómo a Consellería de Educación ten previsto implementalas en todos os centros educativos da nosa Autonomía.
4. E, por fin, o venres día 17/04, haberá unha Xunta de Goberno do Consello da Xunta de Galicia, onde a Conselleira porá en común todos estes acordos co conxunto do Goberno de Galicia e, en teoría, dictarán instruccións claras para todos os equipos directivos dos centros educativos.
De producirse algunha outra novidade.... Informaremos tan pronto como teñamos algunha notificación oficial.
Moito ánimo.
Tal e como establecen as Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario, sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre, o IES Ramón Menéndez Pidal procede a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre, co traballo desenvolvido ata a data de declaración do estado de alarma (16 de marzo) .
Dada a excepcionalidade da situación, as notas poderán consultarse na plataforma Abalar Móbil a partir das 15:00 horas do venres 3 de abril .
É importante destacar que as cualificacións da 2ª avaliación teñen un carácter meramente informativo. As posibles dúbidas e consultas deben ser canalizadas a través das titorías (contacto por Espazo Abalar, correo electrónico, teléfono do centro).
Conscientes da dificultade do momento e comprometidos co noso alumnado e as súas familias, continuamos a traballar para avanzar no curso cos ferramentas telemáticas das que dispoñemos.
Durante as vacacións de Semana Santa non haberá actividade académica.
A proposta á volta é respectar o horario de traballo de cada grupo, contactando profesorado e alumnado a través das plataformas dixitais nas franxas horarias habituais .
Traballando conxuntamente sairemos reforzados.
Cos mellores desexos á toda comunidade educativa.
O Equipo Directivo
Neste apartado iranse actualizando as actividades programadas polo profesorado para este período de suspensión da formación presencial no instituto.
O profesorado que empregue de xeito habitual plataformas como a Aula Virtual, correo electrónico, Google Drive, etc. farao a través destes medios. Para o restante profesorado, actualizarase este apartado da web seguindo as instrucións que nos sexan facilitadas.
AULA VIRTUAL: documento para que o alumnado se dea de alta naqueles cursos creados de forma excepcional para estas semanas sen clase.
ORIENTACIÓN
XEOGRAFÍA E HISTORIA
INGLÉS
FRANCÉS
CIENCIAS NATURAIS
LINGUA E LITERATURA GALEGA
MÚSICA
LINGUA E LITERATURA CASTELÁ
MATEMÁTICAS
ALEMÁN
LATÍN
TECNOLOXÍA
FILOSOFÍA
RELIXIÓN
EDLG
EDUCACIÓN PLÁSTICA
PROCESO DE ADMISIÓN
Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
Ante a situación extraordinaria de suspensión das clases presenciais, as instrucións publicadas pola Consellería de Educación son as seguintes:
En particular, a partir do luns 16 programaranse de xeito telemático actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares. O profesorado empregará ferramentas e aplicacións accesibles para o alumnado (na páxina web, a través de correo electrónico, Google Drive, Google Classroom, etc.).
O luns 16 ofrecerase máis información tanto na web do instituto como nas redes sociais.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer