Punto Laranxa contra o acoso escolar

19 Xaneiro: Conferencia sobre a Débeda española e a Repercusión sobre o Ensino Público

A FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAs DE A CORUÑA FAI O SEGUINTE CONVITE A ESTA CHARLA SOBRE A DÉBEDA E A REPERCUSIÓN NO ENSINO PÚBLICO:
Estimados/as Amigos/as

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, en colaboración coa Fronte Cívica Somos Maioría, organiza unha charla-coloquio aberta este sábado día 19 sobre a débeda española e como afecta esta á educación pública. Dende hai bastante tempo os nosos dirixentes din que España debe moitos cartos, que cada español ten unha débeda importante. O presidente da Xunta chegou a dicir antes das eleccións que cada galego debe 2800 euros, dando a entender que a débeda española é responsabilidade dos cidadáns, e iso é algo totalmente falso. Este erro o repiten con insistencia en moitos medios de comunicación, causando confusión nas persoas que non están moi informadas do asunto.

O motivo de esta charla-coloquio é o de informar sobre a débeda e por qué é ilexítima, ademáis de explicar as consecuencias que ten para os servizos públicos, neste caso a educación. Para elo contaremos con dúas persoas expertas no tema, que falarán en profundidade coa intención de que esteamos mellor informados de todo o que está a acontecer: Miguel Quinteiro e Alfredo Iglesias Diéguez.

Miguel Quinteiro é activista de Attac, Coop57 (entidade da que é socio promotor) e a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos. Ademáis, é ex traballador e ex membro do consello de administración de Caixanova. O vídeo da súa detención o pasado 25 de setembro foi moi coñecido, xerando unha gran indignación en moitos cidadáns. É autor de numerosos artículos e publicacións sobre a débeda e leva moitos anos denunciando a situación das Caixas de Aforros, as cales todos sabemos como remataron.

Alfredo Iglesias Diéguez é doutor en historia, especialista en evolución humana e profesor de ciencias sociais e escritor. Foi colaborador habitual de Galicia Hoxe, tanto no suplemento "Descubrir", con artigos de divulgación científica ou histórica, como nunha columna de opinión titulada “Na marxe esquerda”, recibiu o Premio Puro Cora de Xornalismo en 1996 polo artigo “SOS Racismo, a humanidade en perigo”, é, dende o ano 2003, é colaborador habitual do xornal Faro de Vigo. Tamén ten publicado artigos en Altermundo, portal altermundista galego do que pertence ao seu Consello editorial, e en Rebelión. Integrou o equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, obra que recibiu o Premio Crítica de Galicia á iniciativa cultural no 2001. Tamén participou na realización de libros de texto nas editoriais Tambre e Obradoiro, coa que segue a traballar na actualidade.

Xuntamos cartaz con toda a información da organización.
                                                                                                  
Esperando vosa presenza. Unha aperta.
Xunta Directiva Federación Provincial de ANPAs
AdxuntoTamaño
cartel miguel quintero.pdf1020.91 KB

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer